Pontón reclama que a recuperación do viaduto derrubado na A-6 sexa supervisada por unha comisión participada polo Estado, a Xunta e as forzas políticas e pide unha investigación "transparente" sobre o acontecido. "Se esta ponte estivese conectando Madrid, Catalunya ou Euskadi a resposta sería moi diferente", coida a portavoz nacional do BNG, que insta o Ministerio de Transportes a concretar os prazos da obra en canto sexa posible. Agárdase que este martes a Delegación do Goberno de España en Galicia achegue información ao respecto na sesión da Comisión Autonómica de Tráfico, Seguridade Viaria e Mobilidade Sostible que se celebra na Coruña. Na imaxe [CC-BY-NC-SA BNG], Pontón, Néstor Rego, Olalla Rodil e outros membros do BNG na contorna do viaduto caído, este luns.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/viaduto-a-6-bng-10-f98397b.jpeg)