Feijóo non participou no 35% das votacións en pleno do Senado dende que é membro desta Cámara en representación do Parlamento de Galicia, como informa infoLibre este martes. Neste tempo formulou unicamente media decena de iniciativas -as catro que levaba en novembro e mais unha recente intervención no debate de Orzamentos (na imaxe)-, ningunha delas sobre Galicia. [Imaxe: PP]
