A Xunta mantén activa a alerta por posibles "desbordamentos puntuais" en sete ríos por mor das fortes chuvias. Trátase do río Mera en Ortigueira, do Rego das Mestas en Valdoviño, o Mandeo en Aranga, o Mendo en Betanzos, o Tambre ao seu paso por Oroso e Val do Dubra -tamén neste caso o Dubra- e o Lérez en Pontevedra. Nesta ligazón pódense atopar as instrucións de seguridade do 112 para o caso de atoparse cun río desbordado. Na imaxe mapa de chuvia acumulada [© Meteogalicia] dende a pasada medianoite e ata as 11 da mañá deste 24 de decembro.
