O persoal da CRTVG mobilizado coa plataforma Defende a Galega para esixir o cumprimento íntegro da lei de medios públicos chegou este 23 de decembro ao seu venres negro número 240. "Duascentas corenta semanas denunciando o desmantelamento, a manipulación e o incumprimento da lei de medios", destacan. Na imaxe, participantes nas protestas este venres, na sede central da CRTVG en Santiago.
Fálase
- PublicidadePublicidade
"Ata logo, vai sobre ruedas": o cameo de Mariano Rajoy no vídeo de Nadal do PP de Galicia. A montaxe, difundida nas contas de Alfonso Rueda e do partido nas redes sociais, xoga en clave de humor coa idea do pouco coñecemento público do actual líder do partido e presidente da Xunta en comparación co seu antecesor e finaliza con Rueda, a secretaria xeral e os responsables provinciais da formación conservadora decorando unha árbore de Nadal con "desexos" recollidos por Galicia.
- 🔊HEMEROTECA | AUDIO | O día que Rajoy falou galego para tomar posesión como vicepresidente da Xunta
- PublicidadePublicidade
O Ministerio de Transportes licita cun prazo de 18 meses o estudo informativo da saída sur ferroviaria de Vigo, que daría continuidade ao Eixo Atlántico cara a Portugal. Na última Cimeira Ibérica os dous países evitaron fixar prazos para a conexión internacional e previamente Portugal apuntara a 2030 pero España a 2040, en liña coas previsións da UE para ese tipo de enlaces.
- PublicidadePublicidade
O Gordo da Lotaría de Nadal cae no 5.490, vendido en media ducia de localidades galegas, ademais de noutros puntos do Estado: A Coruña (rúa Barcelona), Vigo (Gran Vía), A Fonsagrada (avenida de Galicia), Noia (Montero Ríos), Poio (Francisco Regalado, Combarro) e O Porriño (rúa Ramón González). Os números do sorteo pódense comprobar nesta ligazón.
- PublicidadePublicidade
Sánchez di a Feijóo que “leva nove meses na política nacional e conseguiu un fito na historia deste país, enmudecer as Cortes Xerais”. Nun novo cara a cara no Senado dous días despois do pronunciamento do Constitucional, o líder do PP reclama a Sánchez que convoque xa eleccións para falar “de verdade, sen límites”. Sánchez retruca ao popular que chegou “máis lonxe que o seu antecesor, quizais porque non quere correr a mesma sorte que o señor Casado”.
- PublicidadePublicidade
Arquivada a última causa xudicial pendente contra José Ramón Gómez Besteiro, ex-secretario xeral do PSdeG. O xulgado de instrución número 2 de Lugo arquiva provisionalmente o coñecido como caso Pulpo, xa que "ningún indicio obxectivo de criminalidade puido constatarse" nas adxudicacións da Deputación de Lugo a empresas do grupo Monbús.
- PublicidadePublicidade
A torre de refrixeración da central térmica de Meirama, inactiva dende o ano 2020, vén de ser demolida nunha voadura controlada. A torre foi construída en 1980 e tiña 126 metros de altura. A outra gran cheminea, de 204 metros de altura, será derrubada nos vindeiros meses. Na imaxe, unha captura da emisión en directo que realizou a TVG
- PublicidadePublicidade
O Tribunal Superior de Xustiza confirma a nulidade do nomeamento da ex-edil de Ciudadanos no Concello da Coruña como membro do Goberno local do PSdeG, que fora denunciado pola Marea Atlántica.O alto tribunal galego rexeita os recursos da propia Mónica Martínez e do Concello contra o ditame do pasado abril e ratifica que "deberá reintegrar á Administración municipal as cantidades percibidas como consecuencia do nomeamento anulado". Contra esta sentenza, que conta co voto particular dun maxistrado, aínda cabe recurso ante o Tribunal Supremo.
- PublicidadePublicidade
O Senado aprobou este martes definitivamente os Orzamentos Xerais do Estado para 2023, que ao non incorporar emendas novas xa non teñen que volver ao Congreso. A votación saíu adiante por 145 votos a prol fronte a 118 en contra. Son as terceiras contas públicas consecutivas do Executivo do PSOE e Unidas Podemos. O Goberno de España non daba sacado adiante tres orzamentos seguidos dende a etapa de Mariano Rajoy con maioría absoluta.
- PublicidadePublicidade
O Parlamento aproba definitivamente os Orzamentos Xerais da Xunta para 2023 cos votos do PP. Durante a tramitación os populares incorporaron nove emendas propias, tres do PSdeG e ningunha do BNG. Contando as partidas de débeda, as contas públicas do ano vindeiro superan os 13.000 millóns. Aquí podes consultar o detalle de todas as partidas. [Imaxe: © Parlamento]
- PublicidadePublicidade