O Ministerio de Transportes licita cun prazo de 18 meses o estudo informativo da saída sur ferroviaria de Vigo, que daría continuidade ao Eixo Atlántico cara a Portugal. Na última Cimeira Ibérica os dous países evitaron fixar prazos para a conexión internacional e previamente Portugal apuntara a 2030 pero España a 2040, en liña coas previsións da UE para ese tipo de enlaces.
