Falece aos 80 anos Tabaré Vázquez, presidente do Uruguai en dous mandatos polo Frente Amplio. Hai catro anos, en visita oficial a Galicia, Vázquez evocara as orixes galegas da súa familia. Na imaxe, con José Mujica.

Falece aos 80 anos Tabaré Vázquez, presidente do Uruguai en dous mandatos polo Frente Amplio. Hai catro anos, en visita oficial a Galicia, Vázquez evocara as orixes galegas da súa familia. Na imaxe, con José Mujica.
Juan Carlos de Borbón tramita unha regularización fiscal ante Facenda na que admite o uso de tarxetas bancarias con fondos opacos, segundo publica El País. Estas operacións están a ser investigadas por Anticorrupción. A solicitude do rei emérito, que agora está a estudar a Axencia Tributaria, non está ligada aos fondos recibidos de Arabia Saudita. Na imaxe, de arquivo Juan Carlos de Borbón en Sanxenxo (CC-BY-SA Xunta)
Os Premios da Cultura Galega 2020 que organiza a Xunta distinguen á escritora Ledicia Costas, ao fotógrafo Xurxo Lobato, á Federación de Teatro Afeccionado de Galicia, á aCentral Folque, ao ex-director da Filmoteca Española, Chema Prado, ao impulsor de múltiples colectivos a prol da lingua galega Xosé González Martínez (Pepe de Redondela), á Fundación Penzol e á responsable do Centro de Estudos Galegos de Budapest, Ildiko Szijj
O PP atribúe a un "erro" utilizar o topónimo "Galiza" nunha emenda formulada onte na Comisión de Pesca do Parlamento a unha iniciativa do BNG. "Por erro, respectamos o texto orixinal", di a deputada Teresa Egerique, autora da emenda, quen agrega que "o PP empregou, emprega e empregará Galicia". O debate culminou nun acordo unánime para reclamar do Goberno de España a transferencia dos centros do Instituto Español de Oceanografía en Vigo e na Coruña. A forma Galiza é recoñecida nas vixentes normas ortográficas e morfolóxicas da RAG como "lexitimamente galega" para referirse ao país, con independencia de que Galicia sexa a denominación oficial e "maioritaria na expresión oral e escrita"
O temporal de neve segue provocando dificultades para circular en diversas estradas das provincias de Lugo e Ourense e tamén en puntos do interior da de Pontevedra. Na imaxe, traballos de retirada de neve en Cervantes por parte do dispositivo da Deputación de Lugo, que informa de que foi preciso despregar un cento de persoas e arredor de 50 máquinas quitaneves e outros vehículos para actuar na rede viaria provincial.
Unha vintena de vilas e cidades galegas acolleron no serán deste venres mobilizacións do movemento feminista en repulsa polo asasinato dunha veciña de Gondomar por parte do seu marido. Na imaxe, da Marcha Mundial das Mulleres, participantes na concentración da Coruña.
O pleno extraordinario da RAG en homenaxe a Carvalho Calero será o sábado 12 de decembro na USC. O acto que tradicionalmente se realiza no Día das Letras Galegas tivo que ser adiado polo coronavirus. Aquí podes consultar o que fomos publicando polo Día das Letras 2020. [Imaxe: Moncho Rama, divulgada pola RAG]
O Ministerio para a Transición Ecolóxica autoriza unha piscina flotante desmontable no Miño solicitada polo Concello de Salvaterra. O BOE recolle diversos condicionantes para unha instalación de 50 metros de longo por 25 de ancho.
O xulgado nomea o Estado depositario dos bens do Pazo de Meirás e mantén o día 10 como data de entrega. A xuíza desbota as alegacións presentadas polos herdeiros de Franco e considera "urxente" prohibirlles retirar obxectos do recinto, segundo informa o TSXG. Máis información, hoxe en Praza.gal
A Xunta muda o mapa de restricións pola COVID-19 tras apenas doce horas en vigor. Neda, Fene, Burela, Oleiros, Lalín e Oroso pasan ao nivel básico de limitacións dende as cero horas deste sábado e, dende o mesmo día, Boiro incorpórase ao nivel máximo. Ampliamos a información neste espazo