Nas fins de semana de agosto, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta 🙂
Fálase
Hostaleiros denuncian que máis de 300 locais de lecer nocturno terán que devolver as axudas da Xunta na pandemia. A asociación Hostalaria.gal acusa o Goberno galego de "falta de sensibilidade", con reintegro de cantidades que acadan até os 35.000 euros
O PP rexeita que Rueda compareza tras a morte dunha muller no PAC de Baltar (Sanxenxo) e acusou o BNG de "demagoxia e mentira". A proposta dos nacionalistas foi apoiada polo PSdeG.
O Congreso dá o aprobado definitivo á lei de garantías da liberdade sexual –coñecida como a lei do 'só si é si'– e aproba o decreto lei de eficiencia enerxética, que recolle “medidas excepcionais” para garantir a sostenibilidade de distintos ámbitos económicos e sociais nun contexto de “incertezas a escala internacional” como a “crise dos prezos” e as “ameazas de interrupción parcial ou total do subministro de gas”. O BNG abstívose na votación deste decreto pola “discriminación a Galiza” dalgunhas das medidas e a “falta de compromisos concretos” co noso país por parte do Goberno do Estado. Nesta sesión do Congreso [na imaxe © Congreso] tamén quedou convalidado o decreto lei sobre os incendios forestais, que se tramitará polo procedemento de urxencia, aprobouse a nova lei de Ciencia, tecnoloxía e innovación así como unha modificación da lei concursal e mais o novo sistema de cotización para os autónomos.
Alfonso Rueda celebra as cifras "incribles" de turismo rexistradas en Galicia, que atribúe en boa parte ao Xacobeo: "Ten moito que ver". O presidente da Xunta prevé "un peche de ano fantástico" tras o verán.
O incendio en Lobeira que afecta o Parque Natural do Xurés queimou xa 93 hectáreas, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Foto: ATBrif.
Trinta hectáreas ardidas nun incendio en Lobeira que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, segundo informa a Consellería do Medio Rural, que vén de dar por extinguido o fogo declarado o pasado luns en Moaña logo de queimar 23 hectáreas arboradas. Foto: @Incendiosgalic1
Miguel de Lira recibirá o Premio Cinema Galego na 15ª edición do FICBUEU. O actor recibirá o galardón e será entrevistado polo xornalista e produtor Gaspar Broullón, uníndose a anteriores gañadores, como Alfonso Agra, Antonio Durán ‘Morris’, Mabel Rivera, Luis Zahera ou Melania Cruz.
Medio Rural dá por controlado o incendio na parroquia de Meira, en Moaña, que na tarde deste luns mantivo alerta a toda a veciñanza da zona pola proximidade das lapas ás vivendas, polo que se decretou a Situación 2 de emerxencia. A Consellería estima que arderon máis de 20 hectáreas de terreo neste lume, no que aínda seguirán traballando ata lograr a súa extinción.
O lume na parroquia de Guillade, en Ponteareas, segue estabilizado e "evoluciona favorablemente", segundo traslada Medio Rural. Leva arredor de 25 hectáreas ardidas e está "practicamente perimetrado".
Activos varios incendios en Moaña, As Neves ou Negreira. O que afecta ao Morrazo, achegado ás casas en Meira, obrigou a cortar o Corredor do Morrazo entre os quilómetros 5 e 6, segundo informa Medio Rural. Foto: @Incendiosgalic1
+INFO | A tregua dos incendios remata e o lume ameaza vivendas en Moaña e Ponteareas