As Mouras, do coruñés Wedo Goás (Edgar Goás), escollido mellor mural do mundo na categoría Expert Spotlight 2025 de Street Art Cities. O artista levou a a cabo a obra en Fene no marco da edición 2025 do festival Perla Mural Fest.
As Mouras, do coruñés Wedo Goás (Edgar Goás), escollido mellor mural do mundo na categoría Expert Spotlight 2025 de Street Art Cities. O artista levou a a cabo a obra en Fene no marco da edición 2025 do festival Perla Mural Fest.
Xinzo de Limia activa o Plan Municipal de Inundacións ante a situación de emerxencia que se vive na comarca pola acumulación de choivas. Predios e estradas están asolagadas nun amplo espazo, especialmente nos termos municipais de Xinzo e Sandiás e na área que ocupaba a Lagoa de Antela ata a súa desecación artificial, como sucede de forma periódica.
Evaristo, Rebeliom do Inframundo e Kumbia Queers, primeiras confirmacións do Revenidas 2026. O festival, que se celebrará en Vilaxoán do 10 ao 13 de setembro, contará tamén no seu cartel con Ilan Amores, Arrhythmia, Süne e Nadie González. Os abonos xa están á venda na web do Revenidas.
Pedro Sánchez anuncia que o Goberno de España prohibirá o acceso ás redes sociais aos menores de 16 anos. "As plataformas terán que implantar medidas de control efectivas. Imos protexelos contra este Salvaxe Oeste dixital", di o presidente do Executivo central, que segue os pasos de Australia, Francia ou Portugal.
AMPLIACIÓN | O Goberno de España prohibirá o acceso ás redes sociais aos menores de 16 anos
Suspendida a folga indefinida de buses na Coruña tras un preacordo coa patronal que deberá ratificar o persoal en asembleas. [Na imaxe, unha protesta en Santiago durante a primeira xornada da folga o 5 de decembro de 2025 © CIG]
Rueda respecta a manifestantes "de boa fe" pola sanidade pública e di que "se ve o plumeiro" aos que teñen "razóns políticas". Logo da manifestación deste domingo en Santiago o presidente critica a quen protesta "un día por un tema, outro día por outro".
Ratificado como violencia de xénero o asasinato dunha veciña de Mos. A Delegación do Goberno de España certifica oficialmente o que é o primeiro crime machista con resultado de morte en Galicia neste 2026, como xa avanzara a súa subdelegación en Pontevedra. Os movementos feministas están a convocar mobilizacións de repulsa para este martes, día 3 -na imaxe, elaborada pola Marcha Mundial das Mulleres]
Os sindicatos adiaron ao martes o inicio previsto para este luns da folga indefinida nos buses da provincia da Coruña. Tras dez xornadas puntuais de folga desde decembro, o paro indefinido foi adiado un día para facilitar as negociacións tras ofrecer a patronal unha lixeira mellora de condicións laborais que os sindicatos consideran aínda insuficiente.
🥳14!
🎂O 1 de febreiro de 2012 publicamos Praza por primeira vez
🤗Contamos contigo para contar moito máis
↪️Faite socia, faite socio de Praza.gal
🔗https://praza.gal/faitedepraza
❗️Ata o 80% devólvencho na declaración da renda
Os sindicatos adían ao martes o inicio da folga indefinida nos buses da provincia da Coruña para facilitar a negociación. Tras dez xornadas puntuais de folga desde decembro, o paro indefinido ía comezar este luns 2 de febreiro pero é adiado un día tras ofrecer a patronal unha lixeira mellora de condicións laborais que os sindicatos consideran aínda insuficiente.