Nas fins de semana de agosto, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta 🙂

Nas fins de semana de agosto, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal. Pero deixamos moito para ler e o luns estamos de volta 🙂
Varios dos tripulantes do histórico Xurelo reúnense na Coruña para lembrar "o papel decisivo de Galicia na loita pola defensa do medio mariño" e a fin das verteduras nucleares ao Atlántico, grazas á súa travesía de hai catro décadas. A homenaxe foi impulsada pola organización do Festival Mar de Mares, que se celebra do 15 ao 18 de setembro, e nela participaron Gonzalo Vázquez, na altura tenente de alcalde da Coruña por Esquerda Galega; Roxelio Pérez, profesor universitario e activista do Colectivo Natureza, o escritor e xornalista Manuel Rivas e mais o fotoxornalista Xosé Castro, Pepucho.
O conselleiro de Sanidade cesa o xerente do Sergas, José Flores, para nomealo xerente da área sanitaria de Pontevedra - O Salnés. Julio García Comesaña -na imaxe, comunicando a decisión xunto a Flores e o seu antecesor-, afirma que Flores "desempeñou un papel fundamental na xestión da pandemia da covid-19 e no funcionamento do Servizo Galego de Saúde como hospital único durante esta crise". O Consello da Xunta aproba o seu cesamento este xoves e o nomeamento como sucesora de Estrella López-Pardo, ata agora directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria.
O fume do incendio de Verín, moi próximo ás casas e no que xa arderon arredor de 260 hectáreas, obriga a cortar a estrada N-525. A actualización de Medio Rural da última hora desta tarde indica que o lume "iniciouse en máis dunha decena de focos diferentes, polo que todo apunta á súa intencionalidade”. Na imaxe, bombeiros da Brif de Laza, en Verín. [Imaxe: © Brif Laza]
Un incendio en Verín que segundo a Xunta comezou en tres focos pon en risco vivendas dos arredores da vila. A primeira hora da tarde deste mércores a Xunta informa doutros tres incendios aínda non extinguidos, en Maceda (150 hectáreas), Arbo (400 hectáreas) e Ponteareas (20 hectáreas). [Imaxe: @BrifLaza].
O Parlamento aproba, co voto a favor do PP e en contra de BNG e PSdeG, o teito de gasto da Xunta para 2023. Será de 12.599 millóns de euros, un 8,2% máis, pero a oposición critica que a suba sexa inferior á inflación.
A visita a Taiwan de Nancy Pelosi, presidenta da Cámara de Representantes dos EUA, dispara a tensión coa China. Neste artigo de Xulio Ríos no Observatorio da Política Chinesa analízase a situación previa e as posibles repercusións. Ata o momento, o Goberno chinés xa anunciou manobras militares na zona e advertiu aos EUA de non profundar nun camiño "perigoso". Na imaxe -compartida nas súas redes sociais-, Pelosi durante a viaxe.
O Ministerio de Transportes levanta a peaxe na AP-9 e na AP-53 aos transportes especiais que non poden empregar os desvíos en Pedrafita tras a caída do viaduto da A-6 e deben dar un rodeo por Ourense. O ministerio detalla que a medida estará vixente para vehículos de máis de 26 metros de lonxitude e tres de ancho que non poden pasar polo centro de Pedrafita mentres non se remata unha obra alternativa prevista para o outono.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asistirá este 7 de agosto á toma de posesión de Gustavo Petro como presidente de Colombia e de Francia Márquez como vicepresidenta do que será o primeiro goberno de esquerda na historia do país. Xunto coa responsable da área internacional do Bloque e futura eurodeputada, Ana Miranda, Pontón reunirase en Colombia con "diferentes entidades e organizacións políticas" e antes visitará Chile, "en plena onda de cambio tras a chegada á presidencia de Gabriel Boric". A intención da viaxe, sinala o BNG, é "ampliar e reforzar as súas relacións internacionais baixo unha perspectiva de colaboración e solidariedade entre os pobos, de progreso, igualdade, liberdade e avance dos dereitos das maiorías sociais". Na imaxe, Pontón nunha rolda de prensa recente.
O Goberno de España concede 3,6 millóns de euros á Confraría da Coruña para compensar a dragaxe da ría do Burgo. A confraría deberá repartir as axudas entre mariscadoras e mariscadores afectados pola paralización temporal da actividade desde o pasado 11 de febreiro e mentres duren os traballos. [Imaxe: CC BY-SA Xunta]