Un xulgado da Coruña condena un ex-xogador do Deportivo por romperlle o nariz a un mozo que o “provocou” cantándolle o 'Cara al sol' durante a noite de San Xoán de 2019, segundo informa o TSXG.
Fálase
18F | Democracia Ourensana prevé recorrer ante a Xunta Electoral a súa exclusión do debate electoral da CRTVG. "Que convide a un debate a cinco partidos e non a DO significa que o PP usa recursos públicos para os seus obxectivos", afirma Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense. Na imaxe -de arquivo [© DO]-, Jácome e Armando Ojea, cabeza de cartel de DO para o 18F.
O Diario Oficial de Galicia publica as candidaturas proclamadas oficialmente para o 18F, con 11 formacións repartidas en 10 listas nas provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra e 11 listas en Ourense. Tras a revisión das candidaturas presentadas a Xunta Electoral anulou a de Izquierda por Almería por non estar os seus integrantes nin empadroados en ningún concello galego nin inscritos no censo electoral. Aquí podes ler as informacións que xa publicamos coas listas dos principais partidos:
18F | A CRTVG confirma que convida ao seu único debate electoral a PP, BNG, PSdeG, Sumar e Podemos. A corporación pública indica que o criterio para o convite é incluír as forzas con representación parlamentaria (populares, nacionalistas e socialistas) e os grupos que "cumpren cos criterios para ser considerados significativos" segundo a "confirmación da Xunta Electoral". Deste xeito, ao contrario que hai catro anos -cando acudiron Vox e Cs-, non haberá representación de ningunha formación da dereita que non sexa o PP, que ata agora só confirmou a presenza de Alfonso Rueda no debate da CRTVG e non nos ofrecidos por RTVE e a Cadena SER. O debate está programado para o primeiro luns de campaña, o 5 de febreiro, e estará moderado por Marta Darriba e Alejandro López. Na imaxe, debate electoral da CRTVG previo ás eleccións de 2020.
O Toconao volverá pasar nas próximas horas fronte a Galicia tras perder hai mes e medio os pellets que seguen a chegar á costa. O barco cruzou esta pasada noite o estreito de Xibraltar en ruta entre Turquía e Inglaterra, a onde se prevé que chegue o xoves, segundo varias webs de xeolocalización de buques. [Imaxe: Greenpeace]
Alerta laranxa en todo o litoral galego este luns por fenómenos meteorolóxicos costeiros adversos.
Feijóo advirte ao PPdeG que poucos votos "cambian a historia dun país" e pide traballar "a tope" e "non distraerse" ante o 18F. O líder do PP reclama "pensar en Galicia e España" de cara ás autonómicas. Rueda
Besteiro entra a formar parte do Comité Federal do PSOE. O candidato á presidencia da Xunta pasa a formar parte do máximo órgano de decisión dos socialistas, segundo informa Europa Press, que destaca que o tamén deputado gaña así máis peso na organización.
18F | O PP mantería a maioría absoluta malia perder tres escanos, segundo unha enquisa de Hamalgama Métrica para Vozpópuli. O BNG repetiría os 19 escanos das anteriores eleccións galegas, mentres que o PSdeG subiría un. Sumar e Vox entrarían no Parlamento con cadanseu escano.
Milleiros de persoas saen á rúa en Vigo polo "fin do xenocidio e a ocupación" en Palestina, nunha xornada de protesta en máis de 90 concellos do Estado. Foto: Ecoloxistas en Acción.