Trump e Netanyahu presentan un plan para Gaza que inclúe un goberno controlado polos EUA. O presidente estadounidense brinda ao primeiro ministro israelí todo o apoio que precise para "tomar as medidas necesarias" na Franxa no caso de que Hamás non asuma o seu plan. Pedro Sánchez afirma que o Goberno de España "dá a benvida á proposta" e subliña que a "solución de dous Estados", que Israel reitera que rexeita tras meses de xenocidio, "é a única posible".
- A presión contra o xenocidio en Gaza move mesmo o PPdeG
- "Hai ferramentas para deter violacións de dereitos. Fíxose con Rusia e non vexo por que non se podería facer con Israel"
- "A postura americana é aterradora, a europea incoherente. Ensinarase Gaza como o momento clave do declive moral de Occidente"
