O Partido Barbanza Independiente racha o goberno de Ribeira que encabeza o BNG e entregará a alcaldía ao PP cunha moción de censura. Tras as eleccións municipais de 2023 o PBBI secundou unha coalición encabezada polo Bloque con Luís Pérez Barral como alcalde que, tamén coa participación do PSdeG, implicou un histórico cambio de goberno tras máis de tres décadas ininterrompidas cos populares na alcaldía. A formación independente xurdiu dunha escisión do PP local en 2019. Segundo avanza La Voz de Galicia, a moción de censura co PP está asinada por 4 dos 5 edís do PBBI e debaterase o 13 de outubro. Na imaxe, o líder do PBBI, Vicente Mariño (dereita), anunciando o pacto con BNG e PSdeG tras as municipais.
- 🔴AMPLIAMOS | O PP arrebata ao BNG a alcaldía de Ribeira, sétima que gaña apoiado en tránsfugas ou independentes
- HEMEROTECA | Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira: "Conseguimos antepoñer os intereses das veciñas e veciños ante as ideoloxías e calquera tipo de interese partidista"
- HEMEROTECA | O BNG encabezará unha histórica mudanza de goberno en Ribeira tras un inédito pacto a tres
