Coincidindo do 50 aniversario das protestas dos traballadores de Ferrol, vén de publicarse o trailer do filme '10 de marzo', que afonda nos feitos que deron orixe ao Día da Clase Obreira Galega. A longametraxe, dirixida por Roi Cagiao, chegará ás salas de cinema nos últimos meses deste ano
Fálase
Feijóo rexistra na sede central do PP en Madrid a súa candidatura a presidir o partido en substitución de Pablo Casado e di ofrecer "moderación e serenidade". [Imaxe: PP]
A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo manifesta que unha parte “importante” da frota pesqueira da área viguesa, incluída a do cerco, vese obrigada “a paralizar a súa actividade e permanecer no porto debido ao incremento incesante do gasóleo”. Así, trasladan ao Goberno de España a “necesidade, imperiosa e urxente, de que se proceda á activación das axudas de 'minimis”, cuxa cuantía xa foi incrementada pola situación derivada da COVID. Con todo, aseguran que estas medidas “non serán suficientes”. [Imaxe: CEPESCA]
‘9 Fugas’, filme de Fon Cortizo que vén de obter varios recoñecementos internacionais, proxéctase nos próximos días en varios cines do país con coloquios posteriores co director. Nos Multicines Norte de Vigo estará en carteleira toda a semana a partir do venres 11, e o domingo 13 ás 19.30 será o pase no que participará o director. En Numax, en Santiago, o coloquio será o luns 14 ás 19.30. En Ferrol, no Dúplex Cinema, será o sábado 19 ás 19.40. O filme tamén se proxectará no Círculo de Bellas Artes de Madrid o sábado 12.
Estados Unidos prohibe as importancións de gas e petróleo de Rusia. Toma a decisión á marxe da UE, que avala regular prezos ante a crise derivada da invasión de Ucraína. Foto: CC-BY-SA Gage Skidmore.
A RAG aproba as adaptacións ao galego de diversos topónimos da Ucraína, ao fío do incremento do seu uso pola invasión rusa e a guerra nese país. Así, por exemplo, o Seminario de Onomástica da Academia sinala Kíiv como forma para a capital, "xa que é a máis adaptada ao sistema vocálico galego acorde coa propia denominación oficial ucraína". [Imaxe: © RAG]
Identificado grazas á colaboración cidadá o home falecido o pasado marzo mentres practicaba deporte no Campus Sur de Santiago. Así o confirma o Xulgado de Instrución número 2 da capital galega, que este martes pedira axuda ao non dar aclarado por outras vías a súa identidade. A colaboración "dunha persoa que facía deporte na mesma zona" foi "clave", sinala.
Coincidindo co 8M, A Banda da Loba regravou "Pepa", uns dos seus temas máis coñecidos, que estreou hai unhas horas cun vídeo no que o grupo fai un chamamento á "superación, empoderamento e valentía para celebrar o 8M deste 2022".
Masmóvil, propietaria de R, negocia a súa fusión con Orange. "Veñen de comezar un período de negociación en exclusiva para combinar os seus negocios en España" ao 50%, comunican ambas compañías nunha nota oficial. A valoración da posible "entidade conxunta" rolda os 20.000 millóns de euros, defenden.
O concelleiro de Urbanismo da Coruña, Juan Díaz Villoslada (PSdeG), presenta este martes a súa dimisión. Adiantárono La Opinión de A Coruña e Radio Coruña, entre outros medios. O Concello coruñés sinala que inicia unha "nova etapa" fóra "da política activa". As súas funcións son asumidas temporalmente pola alcaldesa, Inés Rey.