A Xunta mantén Sarria no nivel alto de restricións pola COVID e sitúa tamén nel a Carnota. Dende as 00:00 do sábado estarán en nivel medio Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa

A Xunta mantén Sarria no nivel alto de restricións pola COVID e sitúa tamén nel a Carnota. Dende as 00:00 do sábado estarán en nivel medio Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa
As persoas propostas polos grupos parlamentarios para compoñer o novo Consello de Administración da CRTVG comparecen esta mañá ante o Parlamento. A lei dos medios públicos fixa esta comparecencia como requisito previo á súa elección. Na imaxe (© Parlamento), Alfonso Cabaleiro, un dos propostos polo PP.
Lara Bacelo, Iván Villarmea e Manuel Barreiro gañan a quinta edición dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual. Os galardóns organízaos a Academia Galega do Audiovisual e teñen o apoio das catro deputacións.
Fin de semana de éxitos para o atletismo galego cos triunfos de Ana Peleteiro, Adrián Ben, Leticia Gil e Belén Toimil no campionato de España celebrado en Getafe. (Fotos: © RFEA).
O PP renovaría a maioría absoluta en Galicia e o BNG aséntase como segunda forza segundo unha enquisa de Sondaxe que prevé a entrada de Galicia en Común no Parlamento.
Feijóo coincide con Aznar e di que "probablemente non haxa ningún antecedente na UE dun cambio de Goberno como consecuencia dun atentado" e atribúe aos ataques do 11M a vitoria do PSOE as eleccións de 2004.
Catro novos gromos de coronavirus en granxas de visóns galegas. A Xunta comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a existencia de catro focos positivos do virus SARS-CoV-2 en catro granxas de visón americano da provincia da Coruña: dous en Abegondo, un en Santiago e outro na Baña, onde se dectara o primeiro caso en xaneiro.
Medio Rural informa de que nunha explotación de Abegondo –que conta con 5.555 visóns– detectáronse 10 positivos, mentres na outra –con 5.310 animais– hai dous positivos. Nas instalacións de Santiago –cun total de 19.231 visóns censados– identificáronse dous positivos. E no que respecta ás da Baña –que teñen 6.500 visóns– hai catro animais con coronavirus. [Foto CC-BY-SA TheAnimalDay.org]
Os interventores xudiciais propoñen o cesamento dos xestores de Alu Ibérica na Coruña ante o risco de insolvencia, segundo informa Radio Coruña. Reclaman unha análise a fondo das finanzas da empresa e o concurso de acredores de confirmarse a insolvencia da antiga planta de Alcoa.
Jácome anuncia un acordo co PP para reconstituír o bipartito no Concello de Ourense. "O Goberno municipal de Democracia Ourensana chegou a un acordo co grupo municipal do PP para que os concelleiros populares se integren e asuman dirección de áreas no Concello de Ourense", di o rexedor. Os populares romperan o bipartito con Jácome en setembro de 2020.
Celta, Obradoiro e Breogán poderán xogar con público dende o comezo da temporada 21-22. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, vén de ratificar a supresión do artigo que limitaba a asistencia a partidos da Liga de fútbol e da ACB por mor da COVID. Os límites de capacidade dos respectivos recintos deportivos dependerá da Xunta. (Imaxe: Obradoiro CAB)