Fin de semana de éxitos para o atletismo galego cos triunfos de Ana Peleteiro, Adrián Ben, Leticia Gil e Belén Toimil no campionato de España celebrado en Getafe. (Fotos: © RFEA).

Fin de semana de éxitos para o atletismo galego cos triunfos de Ana Peleteiro, Adrián Ben, Leticia Gil e Belén Toimil no campionato de España celebrado en Getafe. (Fotos: © RFEA).
O PP renovaría a maioría absoluta en Galicia e o BNG aséntase como segunda forza segundo unha enquisa de Sondaxe que prevé a entrada de Galicia en Común no Parlamento.
Feijóo coincide con Aznar e di que "probablemente non haxa ningún antecedente na UE dun cambio de Goberno como consecuencia dun atentado" e atribúe aos ataques do 11M a vitoria do PSOE as eleccións de 2004.
Catro novos gromos de coronavirus en granxas de visóns galegas. A Xunta comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a existencia de catro focos positivos do virus SARS-CoV-2 en catro granxas de visón americano da provincia da Coruña: dous en Abegondo, un en Santiago e outro na Baña, onde se dectara o primeiro caso en xaneiro.
Medio Rural informa de que nunha explotación de Abegondo –que conta con 5.555 visóns– detectáronse 10 positivos, mentres na outra –con 5.310 animais– hai dous positivos. Nas instalacións de Santiago –cun total de 19.231 visóns censados– identificáronse dous positivos. E no que respecta ás da Baña –que teñen 6.500 visóns– hai catro animais con coronavirus. [Foto CC-BY-SA TheAnimalDay.org]
Os interventores xudiciais propoñen o cesamento dos xestores de Alu Ibérica na Coruña ante o risco de insolvencia, segundo informa Radio Coruña. Reclaman unha análise a fondo das finanzas da empresa e o concurso de acredores de confirmarse a insolvencia da antiga planta de Alcoa.
Jácome anuncia un acordo co PP para reconstituír o bipartito no Concello de Ourense. "O Goberno municipal de Democracia Ourensana chegou a un acordo co grupo municipal do PP para que os concelleiros populares se integren e asuman dirección de áreas no Concello de Ourense", di o rexedor. Os populares romperan o bipartito con Jácome en setembro de 2020.
Celta, Obradoiro e Breogán poderán xogar con público dende o comezo da temporada 21-22. A ministra de Sanidade, Carolina Darias, vén de ratificar a supresión do artigo que limitaba a asistencia a partidos da Liga de fútbol e da ACB por mor da COVID. Os límites de capacidade dos respectivos recintos deportivos dependerá da Xunta. (Imaxe: Obradoiro CAB)
O PP recorre a Lei de Eutanasia ante o Tribunal Constitucional. Faino na véspera da xornada en que remata o prazo para que as comunidades autónomas teñan creadas as comisións de garantías e avaliación que fixa a lei para comezar a aplicala. A Xunta comezou a tramitala, pero polo momento non a aprobou. Na imaxe (© Congreso), Pablo Casado, onte no Congreso.
Feijóo ratifica a intención de que a vacinación da poboación de 30 a 39 anos contra a COVID-19 comece "na primeira semana de xullo". Xa nesa semana, asegura o presidente da Xunta, estará en marcha o sistema de autocita de forma paralela á cita ordinaria. Máis información, hoxe en Praza.gal
A Xunta confirma que apoiará a retirada da obriga xeral de levar máscaras ao aire libre agás "cando non sexa posible gardar a distancia dun metro e medio". Tamén proporá impoñela en concellos en nivel máximo de alerta (actualmente, ningún). O Goberno de España, ao que Feijóo critica no anuncio da decisión e pide "pactala", aprobará mañá a reforma legal para que esa retirada se poida producir dende o sábado. O presidente da Xunta avanza ademais, tamén dende o sábado, unha ampliación xeral do 50% ao 75% nas capacidades de locais e diversos eventos culturais, sociais e de lecer, que poderá chegar ao 100% nas terrazas hostaleiras.