Catro novos gromos de coronavirus en granxas de visóns galegas. A Xunta comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación a existencia de catro focos positivos do virus SARS-CoV-2 en catro granxas de visón americano da provincia da Coruña: dous en Abegondo, un en Santiago e outro na Baña, onde se dectara o primeiro caso en xaneiro.
Medio Rural informa de que nunha explotación de Abegondo –que conta con 5.555 visóns– detectáronse 10 positivos, mentres na outra –con 5.310 animais– hai dous positivos. Nas instalacións de Santiago –cun total de 19.231 visóns censados– identificáronse dous positivos. E no que respecta ás da Baña –que teñen 6.500 visóns– hai catro animais con coronavirus. [Foto CC-BY-SA TheAnimalDay.org]