A Xunta confirma que apoiará a retirada da obriga xeral de levar máscaras ao aire libre agás "cando non sexa posible gardar a distancia dun metro e medio". Tamén proporá impoñela en concellos en nivel máximo de alerta (actualmente, ningún). O Goberno de España, ao que Feijóo critica no anuncio da decisión e pide "pactala", aprobará mañá a reforma legal para que esa retirada se poida producir dende o sábado. O presidente da Xunta avanza ademais, tamén dende o sábado, unha ampliación xeral do 50% ao 75% nas capacidades de locais e diversos eventos culturais, sociais e de lecer, que poderá chegar ao 100% nas terrazas hostaleiras.
