A Axencia Europea do Medicamento prevé concluír en decembro as súas análises sobre a posible administración da vacina de Pfizer-BioNTech contra a COVID á infancia de entre 5 e 11 anos. Na súa actualización periódica a respecto da pandemia, a EMA sinala que, ante o "novo incremento de infeccións en Europa" que está a observar, "é importante que a poboación se vacine ou complete a pauta de vacinación" se non o fixo.
