Persoal da CRTVG continúa este mércores as mobilizacións para evitar 40 despedimentos e esixir que se consolide o emprego temporal. Se a corporación pública non dá unha "resposta satisfactoria", sinalan, as mobilizacións inclúen paros de media xornada o 20 e 27 de abril e folga de xornada completa o 1 e 2 de maio.
Fálase
O PP de Galicia celebrará o 21 e 22 de maio en Pontevedra o congreso no que Rueda substituirá a Feijóo como líder do partido. Os eventuais precandidatos alternativos precisarán 90 sinaturas para postulárense. Así o sinalou o secretario xeral saínte, Miguel Tellado, no inicio da Xunta Directiva que oficializou a data. Tellado ratifica que o congreso "carecerá de relatorios políticos", polo que nel non serán debatidos documentos sobre a liña ideolóxica ou organizativa da formación, que si os abordou no congreso ordinario do pasado verán.
Rosalía inclúe A Coruña na súa xira mundial de presentación do disco Motomami. Concello e Xunta confirman o concerto para o vindeiro 29 de xullo no Coliseum, dentro da programación do Xacobeo. Imaxe remitida polo Concello da Coruña.
Máis de 60 líderes políticos e sociais cataláns e vascos e persoas da súa contorna foron obxectivos de espionaxe a través dos seus teléfonos co software israelí Pegasus, que só poden mercar gobernos, e outros programas semellantes. É o que revela unha investigación publicada por The New Yorker e o grupo de pescuda canadense The Citizen Lab, que divulga nesta ligazón a listaxe de persoas no albo destas operacións.
A Xunta declarou controlado contra as seis da tarde deste domingo un incendio dunhas 180 hectáreas en Palas de Rei que se iniciou a primeira hora da mañá e a primeira hora da tarde considerou estabilizado. Este sábado houbo outro en Ames de arredor de 20 hectáreas. [Imaxe de arquivo dun incendio facilitada por UGT]
A Xunta cifra nunha vintena as persoas adoptadas ou tuteladas que cada ano buscan as súas orixes biolóxicas e elabora un protocolo para guiar o proceso. [Imaxe: Xunta de Galicia]
Este Venres Santo, 15 de abril, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal.
Volvemos o sábado! 🙂
O Sergas activa a alerta ante posibles casos de hepatite aguda en nenos e nenas. A dirección xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade trasladou este mércores a detección de varios casos de hepatite aguda, de orixe desconocido, en rapazada menor de 10 anos. Desde xaneiro identificáronse no Reino Unido 74 casos en persoas de menos de 17 anos, ata o momento seis dos casos tiveron que recibir transplante hepático, sen que ningún deles falecese.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña [na imaxe, nunha visita ao centro de saúde das Pontes CC-BY-SA Sergas], asegurou que "todos os profesionais de atención primaria, urxencias hospitalarias e extra hospitalarias (PAC) e os servizos de pediatría dos hospitais permanecen vixiantes, aínda que en Galicia non se ten detectado ningún caso".
Alfonso Rueda agradece os apoios dos 'baróns' provinciais do PPdeG para presidir a Xunta e o partido, pero evita confirmar a súa candidatura ao congreso extraordinario da formación, no que apela a manter a “unidade”, como xa fixo Feijóo esta semana.
- PERFIL | Alfonso Rueda: de fillo e afiliado a presidente da Xunta
- Alfonso Rueda será o novo presidente da Xunta e do PPdeG tras ceder o coruñés Diego Calvo e sumarse a Ourense e Lugo
- + INFO E CONTEXTO | 16 anos despois outro Baltar volve decantar a presidencia do PPdeG e ratifica a da Xunta para Alfonso Rueda
Os menores implicados no asasinato de Samuel Luiz xa cumpren condena de tres anos nun centro de internamento tras un acordo entre as partes do caso previo a xuízo. É unha información de La Opinión de A Coruña. Na imaxe [CC BY-SA Praza.gal], flores en lembranza de Samuel Luiz no lugar do asasinato, no verán de 2021.