O Sergas activa a alerta ante posibles casos de hepatite aguda en nenos e nenas. A dirección xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade trasladou este mércores a detección de varios casos de hepatite aguda, de orixe desconocido, en rapazada menor de 10 anos. Desde xaneiro identificáronse no Reino Unido 74 casos en persoas de menos de 17 anos, ata o momento seis dos casos tiveron que recibir transplante hepático, sen que ningún deles falecese.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña [na imaxe, nunha visita ao centro de saúde das Pontes CC-BY-SA Sergas], asegurou que "todos os profesionais de atención primaria, urxencias hospitalarias e extra hospitalarias (PAC) e os servizos de pediatría dos hospitais permanecen vixiantes, aínda que en Galicia non se ten detectado ningún caso".