Este Venres Santo, 15 de abril, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal.
Volvemos o sábado! 🙂
Este Venres Santo, 15 de abril, Praza.gal non se actualiza por descanso do persoal.
Volvemos o sábado! 🙂
O Sergas activa a alerta ante posibles casos de hepatite aguda en nenos e nenas. A dirección xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade trasladou este mércores a detección de varios casos de hepatite aguda, de orixe desconocido, en rapazada menor de 10 anos. Desde xaneiro identificáronse no Reino Unido 74 casos en persoas de menos de 17 anos, ata o momento seis dos casos tiveron que recibir transplante hepático, sen que ningún deles falecese.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña [na imaxe, nunha visita ao centro de saúde das Pontes CC-BY-SA Sergas], asegurou que "todos os profesionais de atención primaria, urxencias hospitalarias e extra hospitalarias (PAC) e os servizos de pediatría dos hospitais permanecen vixiantes, aínda que en Galicia non se ten detectado ningún caso".
Alfonso Rueda agradece os apoios dos 'baróns' provinciais do PPdeG para presidir a Xunta e o partido, pero evita confirmar a súa candidatura ao congreso extraordinario da formación, no que apela a manter a “unidade”, como xa fixo Feijóo esta semana.
Os menores implicados no asasinato de Samuel Luiz xa cumpren condena de tres anos nun centro de internamento tras un acordo entre as partes do caso previo a xuízo. É unha información de La Opinión de A Coruña. Na imaxe [CC BY-SA Praza.gal], flores en lembranza de Samuel Luiz no lugar do asasinato, no verán de 2021.
Desestimado o recurso dos herdeiros de Franco contra o arquivo da causa contra as persoas que ocuparon simbolicamente o Pazo de Meirás en 2017 para reclamaren a súa devolución (na imaxe). Contra esta resolución aínda cabe recurso ante a Audiencia da Coruña. Os '19 de Meirás' subliñan a súa "reafirmación no acto simbólico para reclamar o que é de xustiza: que o Pazo ten que ser devolto ao pobo galego".
Bota a andar en Castilla y León o primeiro Goberno bipartito do PP con Vox. Feijóo, que non asistiu á investidura de Alfonso Fernández-Mañueco, aplaudiuna a través das redes sociais argumentando que as Cortes desa comunidade autónoma "referendaron" que "os cidadáns confiaron" no candidato do PP", a quen identifica con "estabilidade" e "xestión", dixo nunha mensaxe na que non menciona a coalición asinada coa extrema dereita. Na imaxe [© Cortes de Castilla y León], Mañueco recibe os parabéns do seu novo vicepresidente, líder de Vox nesa autonomía.
Falece o poeta e profesor lugués Arcadio López Casanova (Lugo, 1942) en Valencia. Escritor, crítico literario e profesor de Literatura Española na Universitat de València, pertenceu á xeración de escritores dos 'Novísimos do 68'. Entre as súas obras, destaca a publicación de Mesteres en 1976. López Casanova [Fotografía © Galipedia] é Académico de honra da Real Academia Galega e conta con numerosos recoñecementos, como o Premio da Crítica de creación literaria por Liturxia do corpo (1984) ou o Premio Cultura Galega das Letras de 2011.
O pintor Xulio Maside finou este domingo en Compostela aos 89 anos de idade. Nacido en Vigo en 1933 e sobriño de Carlos Maside, era tamén médico, profesión que sempre compaxinou coa pintura, actividade que exerceu ata os seus últimos días. Participou en múltiples mostras colectivas, con técnicas diversas, dende o debuxo á pintura pasando polo collage.
Macron gaña por catro puntos e enfrontarase a Le Pen na segunda volta das eleccións francesas. Dereita, socialistas e ecoloxistas chaman a votar polo actual presidente o vindeiro 24 de abril. [Imaxe: La République en Marche]
Feijóo avoga pola celebración dun congreso para a súa sucesión, que espera quede resolta no mes de maio. Asegura nunha entrevista en La Voz de Galicia que volver ao modelo das baronías territoriais sería "un grave erro" que non "representa o futuro"