O Deportivo gaña 4-0 ao Linares e clasifícase para a final das eliminatorias de ascenso a Segunda División, que xogará o vindeiro sábado contra o Albacete tras gañar este 2-1 ao Rayo Majadahonda en Balaídos.
Fálase
Unha manifestación convocada por máis de douscentos colectivos reclama este domingo en Santiago un novo modelo de desenvolvemento da enerxía eólica. O xoves Pontón e Formoso, líderes de BNG e PSdeG, propuxeron participación pública fronte á “especulación” privada, e o martes as principais organizacións ecoloxistas acusaron á conselleira de Medio Ambiente de ocultar o impacto do sector eólico.
Rueda presenta unha nova campaña da Xunta polo Xacobeo, "Camiña a Galicia", que pon o foco no AVE e nos visitantes internacionais e que incluirá “concienciación para ofrecer un bo trato aos turistas”.
Unha denuncia da xefa da Policía Local de Ourense activa o protocolo anti acoso no Concello. O alcalde, Pérez Jácome, critica que "hai funcionarios que non a rascan" e que alegan acoso cando os poñen "no seu sitio".
Atopan na ría de Arousa por primeira vez un exemplar de Odontaspis ferox, un tiburón que acostuma habitar as augas máis cálidas do océano Atlántico e do Pacífico. Trátase dunha hembra adulta [na foto, © CEMMA/Diversimar] de 3,3 metros de lonxitude que se adentrou na ría e quedou varada en Vilanova de Arousa, segundo informaron desde a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). É unha especie vulnerable que figura na listaxe vermella internacional de especies ameazadas, que xestiona a IUCN (a unión internacional para a conservación da natureza).
Rueda salienta o “potencial” de Galicia en materiais críticos mentres mantén en segredo un informe sobre os mesmos por medo a “movementos especulativos”. O presidente participa no 50 aniversario de Ferroglobe na súa planta de Sabón xunto ao conselleiro delegado do grupo Villar Mir, Javier López Madrid, xenro do fundador e implicado en casos de corrupción e para quen a Fiscalía pide cadea por acoitelar a unha antiga amiga.
O ex-futbolista galego Jota Peleteiro, a un paso de comprar a SD Compostela, segundo asegura o club nun comunicado oficial. O ex-xogador de Celta, Eibar, Alavés ou Aston Villa está "moi preto de pechar un acordo definitivo" coa entidade santiaguesa para se converter nos seu propietario.
Tanxugueiras publican 'Desidia', o novo adianto do seu terceiro disco, que verá a luz nas vindeiras semanas, un tema que xa están a interpretar nos seus concertos. Na canción, que reivindica "a necesidade do autocoidado", colaboran Carla Cervantes e Justin de Jager, especializados en threading, un estilo de baile no que os corpos se enfían. No vídeo a danza é protagonista, o mesmo que no retrouso: “Ai!, bailar que eu vou guiar”.
Nove microrrelatos gañan o certame convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal, que chega á súa quinta edición, con máis de 900 propostas presentadas nas tres categorías do concurso: infantil, xuvenil e adultos. As persoas gañadoras recibirán premios tecnolóxicos e os relatos premiados serán publicados na rede e mais na revista Luzes. A organización do certame destaca "o éxito de participación" e tamén a variedade temática, con textos ao redor da pandemia, a perda da memoria ou a descuberta infantil do galego
PARO REXISTRADO | As inscricións nas oficinas de emprego descenderon en 4.482 persoas en Galicia durante o mes de maio (-2,98%, un -3,29% na media estatal) e quedan en 146.120 persoas no paro, un -11,61% menos quen un ano antes (-22,70% no global estatal). En termos absolutos, son cifras inferiores ás previas á crise de 2008. No mesmo mes, a afiliación media á Seguridade Social aumentou en 6.751 persoas (+0,65%, un 1,07% no total estatal) e queda en 1,04 millóns, isto é, un 2,99% por riba do dato de doce meses antes (+5,01% na media).