O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos rexeita por unanimidade o recurso da familia de José Couso, o cámara galego asasinado por soldados dos EUA na guerra de Iraq en 2003. Nun ditame feito público este xoves, o TEDH considera que a reforma da xurisdición universal aprobada polo Goberno de Rajoy, que provocou o peche do caso, non vulnerou os dereitos da familia a un xuízo xusto. O despacho de avogacía Red Jurídica, que representa á familia Couso, expresa a súa decepción pero advirte de que "non todo está perdido" xa que "só cómpre vontade política para volver á senda dunha xustiza universal respectuosa cos dereitos humanos". O ditame completo pódese ler nesta ligazón [Imaxe: CC-BY-NC-ND Adolfo Luján]
- HEMEROTECA | O Supremo confirma que o Estado debe indemnizar con 182.000 euros á familia de José Couso por non darlle protección diplomática
- HEMEROTECA | A Audiencia Nacional acusa o Estado de abandonar a familia de José Couso fronte aos EUA
- HEMEROTECA | A reforma do PP da xustiza universal obriga ao arquivo do caso José Couso