Sindicatos do ensino concertado convocan caravanas de coches para este xoves en varias cidades galegas. O profesorado circulará cos seus vehículos a partir das 18.30 horas por Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense.
Sindicatos do ensino concertado convocan caravanas de coches para este xoves en varias cidades galegas. O profesorado circulará cos seus vehículos a partir das 18.30 horas por Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense.
A xornalista da TVG e vítima de violencia machista, Almudena de Urzáiz, destaca a importancia de denunciar como "única saída" malia o "medo". A presentadora, que vén de facer público o seu caso, participou no acto oficial da Xunta polo 25N e foi tamén apoiada nun acto por compañeiros e compañeiras dos medios públicos. "Almu somos todas. Non estás soa", lembráronlle.
Estíbaliz Espinosa gaña o XXXIX Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, que organiza o Concello de Dodro. O xurado escolleu a obra Osa # M, "un poemario que abala sobre unha triple capa temática: a música, a ciencia e os coidados". Neste ano 2026, coincidindo co corenta aniversario do pasamento do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, o Concello de Dodro ten previsto realizar a entrega oficial do premio no marco dun amplo programa de actos o sábado 12 de decembro.
O Supremo aplica a amnistía a Puigdemont e pon fin á causa do procés logo de nove anos. O alto tribunal arquiva o procedemento contra o líder de Junts e os ex-consellers Antoni Comín e Lluís Puig e exímeos de toda responsabilidade penal.
Publícase o primeiro manual de dereito administrativo en galego. É a cuarta edición do Manual de Dereito Administrativo da editorial Marcial Pons, coordinado por Francisco Velasco e Mercè Darnaculleta. A tradución realizada pola Secretaría Xeral da Lingua foi supervisada polos profesores galegos de Dereito Administrativo Alba Nogueira, Diana Santiago, Marcos Almeida e Carlos Amoedo. Está dispoñible para libre descarga aquí.
A Fiscalía da Coruña abre de oficio dilixencias de investigación polas ameazas de bomba en centros escolares. "As dilixencias teñen por obxecto recompilar a información dispoñible sobre os feitos e analizala de maneira conxunta para esclarecer quen está detrás das ameazas", sinala o ministerio fiscal, que quere "centralizar a información sobre os feitos.
A Xunta e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia inician as sesións formativas que desenvolverán nas redaccións dos medios de comunicación do país para contribuír a informar con rigor sobre a conduta suicida. O tratamento informativo da conduta suicida non admite simplificacións nin frivolidades, por este motivo, profesionais do Sergas, do Colexio de Xornalistas, do 112 e persoal docente das facultades de Ciencias da Comunicación e Medicina da USC coincidiron en unir esforzos para deseñar unha guía que promova o tratamento de noticias, entrevistas ou reportaxes responsables. Estes obradoiros forman parte do 'Plan estratéxico de saúde mental 2026-2030', e continuarán ao longo de 2027.
Desaloxados máis dunha vintena de colexios da Coruña por ameazas de bomba aparentemente falsas que afectan outros puntos de Galicia. A Policía Nacional está a aplicar nestes centros os protocolos habituais tras a recepción deses avisos por correo electrónico, mentres os colexios avisan as familias para a recollida anticipada das crianzas.
📲 Tes un WhatsApp de Praza❗️
🤗 Súmate á nosa canle e recibe o máis destacado da info que publicamos (sen te abafar con alertas continuas)
🔗 Canle de Praza.gal en WhatsApp
📲 E, coma sempre, tamén en Telegram
O Parlamento aproba cos votos do PP propoñer a Roberto Blanco Valdés como maxistrado do Tribunal Constitucional. Xunto a Juan Raposo Arceo conforma a proposta que a Cámara galega remite ao Senado, que elixe catro membros do TC entre os nomes formulados polos parlamentos autonómicos. O PSdeG propuxo o ex-ministro de Xustiza Francisco Caamaño. Na imaxe, Blanco Valdés durante un acto público [CC BY-SA Xunta]