Alberto Casero volve trabucarse e vota a favor de investigar o Goberno de Rajoy pola policía política. Outro erro do deputado permitira que saíse adiante a reforma laboral do Executivo.

Alberto Casero volve trabucarse e vota a favor de investigar o Goberno de Rajoy pola policía política. Outro erro do deputado permitira que saíse adiante a reforma laboral do Executivo.
Bruxelas veta a pesca de arrastre en zonas protexidas do Atlántico malia o rexeitamento de España e Irlanda. A Comisión Europea pecha o acceso da frota de arrastre a 87 zonas, o que supón ventar a captura de especies en augas con profundidades superiores a 1.500 metros. Galicia ve a decisión "un acto de mala fe" e non descarta ir á xustiza.
A concelleira que substituirá a Claudia Delso no pleno da Coruña farao como independente e fóra do grupo da Marea Atlántica, que queda con catro dos seis edís que acadou nas eleccións. Susana Soneira, decana do Colexio de Graduados Sociais da Coruña, aclara que non estará "con ningunha formación". O ex-alcalde Xulio Ferreiro amosou a súa "decepción e tristeza" coa decisión.
Sabela Losada Cortizas gaña o XXVII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela co artigo 'Que nos sorprende da tristura da mocidade?', publicado en Praza.gal o pasado 1 de xullo. O texto reflexiona sobre o sentimento de abandono que sofre a mocidade e busca desterra a visión “tremendamente negativa” que se ten sobre a adolescencia. O galardón entregarase este venres ás 19 horas na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, con motivo da XXXIV Feira do Moble.
A Comisión Europea calcula unha recadación duns 140.000 millóns de euros coas medidas para "limitar os ingresos" das grandes eléctricas. "Nos tempos que vivimos non pode ser que algúns obteñan uns beneficios extraordinarios e sen precedentes grazas á guerra e a costa dos consumidores", defendeu a presidenta, Ursula Von der Leyen, durante o seu discurso no Debate sobre o Estado da Unión, que se desenvolve na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo. Esa cantidade sería o resultado de sumar a limitación de prezos no mercado a fontes enerxéticas como as renovables e a nuclear -independente do tope ibérico ao gas- e un imposto sobre os beneficios extraordinarios ás eléctricas que producen con combustibles fósiles. [Imaxe: © UE]
🔊Xa abonda de ruído... Volve o Fálase de Praza.gal
O pleno do Congreso aproba por folgada maioría absoluta (187 a prol, 153 en contra e 8 abstencións) o primeiro trámite da lei para fixar novos impostos á banca e grandes compañías enerxéticas, unha das medidas anunciadas por Pedro Sánchez para afrontar a crise de prezos. [Imaxe: © Congreso]
Rueda encomenda ao vicepresidente Conde o "despacho" dos asuntos ordinarios da consellería de Política Social durante a licenza por maternidade da conselleira, Fabiola García. Faino oficial este mércores mediante a publicación do correspondente decreto no DOG.
As conclusións da proposta enerxética remitida pola dirección do PP ao Goberno de España esta semana están copiadas dun documento da Xunta. É unha información de elDiario.es
Morre aos 91 anos Jan-Luc Godard, símbolo e fundador da Nouvelle Vague e autor de filmes como À bout de souffle, Vivre sa vie, Bande à part, Week-end ou Film Socialisme