O pleno do Congreso convalida a reforma laboral aprobada polo Goberno de España por 175 votos a prol (entre eles, os de PSOE e UP xunto a formacións como C's, PDeCat ou Más País) e 174 en contra, entre estes últimos de grupos considerados do 'bloque da investidura' como ERC, o PNV, EH-Bildu ou BNG. Segundo informa Infolibre, o voto desequilibrante foi un erro dun membro do PP, xa que os deputados de UPN non atenderon á indicación da súa formación e votaron en contra.
Aconteceu tras un debate no que a ministra Yolanda Díaz defendeu que "recupera dereitos" e "deixa atrás a reforma do PP". Durante a sesión, os sindicatos CC.OO. e UGT manifestaron o seu apoio á reforma, pactada tamén coa patronal CEOE. En Galicia, a CIG volveuse manifestar este xoves contra o proxecto ao considerar que "consolida a imposta polo PP en 2012". [Imaxe: © Congreso]