O Concello de Pontevedra implanta a súa nova imaxe corporativa. A nova marca institucional, deseñada polo estudo galego Cenlitrosmetrocadrado, foi presentado baixo o lema Arria oreta, "a pedra e a auga na xerga dos canteiros de Pontevedra". "A auga a pedra, a ponte romana do Burgo e as antigas torres da muralla recollen a historia da Boa Vila nesta reinvención que aposta pola modernidade e a simplificación de todos os elementos que conformaron os antigos deseños", sinalan. Na imaxe, a antiga e a nova identidade corporativa do Concello pontevedrés.
