Sabela Losada Cortizas gaña o XXVII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela co artigo 'Que nos sorprende da tristura da mocidade?', publicado en Praza.gal o pasado 1 de xullo. O texto reflexiona sobre o sentimento de abandono que sofre a mocidade e busca desterra a visión “tremendamente negativa” que se ten sobre a adolescencia. O galardón entregarase este venres ás 19 horas na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, con motivo da XXXIV Feira do Moble.
- Artigo gañador | Que nos sorprende da tristura da mocidade?
