A concelleira que substituirá a Claudia Delso no pleno da Coruña farao como independente e fóra do grupo da Marea Atlántica, que queda con catro dos seis edís que acadou nas eleccións. Susana Soneira, decana do Colexio de Graduados Sociais da Coruña, aclara que non estará "con ningunha formación". O ex-alcalde Xulio Ferreiro amosou a súa "decepción e tristeza" coa decisión.
