A Xunta autoriza que pubs e discotecas manteñan abertas as terrazas -con 50% de capacidade- ata a 1 da madrugada nos concellos en nivel máximo e alto de restricións pola COVID-19. Feijóo limitárase a anunciar que estes locais terían que pechar neses municipios. Tamén poden reabrir casinos e bingos. Así o indica na edición extraordinaria do DOG publicada no serán do xoves, que inclúe todas as mudanzas xa anunciadas polo Goberno galego agás as relativas á restrición do dereito de reunión, que só poderán entrar en vigor se o TSXG as ratifica.
