O Congreso ratificou este mércores a reforma que permite non levar máscara ao aire libre se existe distancia de seguridade entre as persoas non conviventes.

O Congreso ratificou este mércores a reforma que permite non levar máscara ao aire libre se existe distancia de seguridade entre as persoas non conviventes.
O Supremo non admite o recurso da Xunta e queda ratificada a obriga de que o hospital Álvaro Cunqueiro pague IBI ao Concello de Vigo, como avalou o TSXG en maio de 2020.
O xuíz do caso Angrois completa o trámite para que un ex-xefe de Adif e o maquinista sexan xulgados polo accidente do Alvia. O xuízo, para o que aínda non hai data, terá que dilucidar se foron autores de oitenta delitos de homicidio por imprudencia grave profesional, de 145 de lesións por imprudencia grave profesional e dun delito de danos. Máis información, esta tade en Praza.gal.
A Xunta recupera a prohibición de reunións de persoas non conviventes de 1 a 6 da madrugada en concellos en nivel máximo ou alto e de 3 a 6, no resto de concellos. Tamén o veto aos encontros de máis de 6 persoas non conviventes en interiores ou 10 ao aire libre, ambas medidas se o TSXG as autoriza. Ademais, impón a obriga de amosar certificado de vacinación ou test negativo da COVID para acceder ao interior da hostalería en concellos en nivel máximo e alto. Toda a información, este mediodía en Praza.gal
Pilar Cancela, nova secretaria de Estado de Cooperación Internacional. Cancela, actualmente deputada do PSdeG-PSOE pola Coruña, foi directora xeral de Relacións Laborais da Xunta (2003 e 2005-2009) e tamén secretaria de organización do PSdeG e presidenta da súa xestora. Actualmente, é tamén responsable da área de Migracións da Executiva Federal do PSOE e mais do PSOE Exterior. O Consello de Ministros aprobou este martes o seu nomeamento.
Dios ke te Crew estrean tema e videoclip con Boyanka Kostova: OG’ (Orixinal Galego). O vídeo, estreado en Mondo Sonoro, é un traballo de Xaime Miranda.
O Consello de Ministros aproba a venda en farmacias sen receita de test de autodiagnóstico para detectar a COVID-19. A portavoz do Goberno de España, Isabel Rodríguez, insistiu en que se a proba dá positivo a persoa debe acudir ao sistema sanitario para comprobar o diagnóstico.
A Audiencia da Coruña decreta que a investigación polo asasinato de Samuel Luiz continúe baixo segredo. O tribunal di que “debería prolongarse, polo menos, ata que se realicen os actos de instrución substanciais”, entre eles as declaracións no xulgado das persoas que presenciaron os feitos.
O Consello de Ministros aproba o inicio da tramitación da Lei de Memoria Democrática. Entre os preceptos da norma, que agora é remitida ao Congreso, figura o impulso ás exhumacións das vítimas da ditadura que continúan en foxas ou a anulación das condenas políticas do franquismo. Tamén institúe o 31 de outubro como Día das Vítimas do franquismo e o 8 de maio, a xornada dedicada á lembranza ás persoas exiliadas. Na imaxe, unha exhumación de restos de asasinados polos golpistas, na Pobra do Brollón en 2016.
A ministra de Industria asegura, tras reunirse co conselleiro delegado de Alcoa nos EUA, Roy Harvey, que a multinacional está disposta a vender a factoría de aluminio da Mariña e a facelo "directamente a terceiros". Reyes Maroto afirma que trasladou a Harvey o pactado coa Xunta e os sindicatos e tamén que o Estado está "disposto a ofrecer as ferramentas de acompañamento públicas" para "verificar que o comprados sexa solvente". "O noso obxectivo -agrega- é que a venda se anuncie, como moi tarde, o 30 de setembro".