Catalunya adianta as eleccións ao 12 de maio para "conseguir un goberno máis forte". O presidente da Generalitat, Pere Aragonès, anunciou este mércores a convocatoria electoral tras unha reunión extraordinaria do seu Consell de Govern despois de que o Parlament rexeitara o proxecto de Orzamentos para 2024, no que ERC contaba co apoio do PSC. O voto en contra dos Comúns na Cámara catalá provocou a crise de goberno que desta vez rematou en eleccións.
