Concellos e deputacións acollen concentracións de lembranza ás vítimas do 11M no vixésimo aniversario dos atentados xihadistas en Madrid. Foran asasinadas 193 persoas e dous milleiros resultaran feridas. Na imaxe, a concentración da corporación municipal da Coruña ante o Pazo de María Pita.
