O Supremo pide ao Senado o suplicatorio para xulgar a Baltar por conducir a 215 por hora nun coche oficial da Deputación de Ourense. A Sala do Penal recolle así a petición da instrutora da causa, que viu "indicios racionais de criminalidade" suficientes para consideralo autor dun delito contra a seguridade viaria por circular a máis de 80 quilómetros por hora por riba da velocidade permitida e por iso pediu retirarlle a inmunidade ao agora senador. O PP ten maioría absoluta na Cámara Alta.
- Rueda di que "é decisión persoal" de Baltar dimitir se é xulgado por delito contra a seguridade viaria
- A maxistrada do Supremo que investiga a Baltar por ir a 215 por hora nun coche oficial pide quitarlle a inmunidade
- HEMEROTECA | Baltar nega ante o Supremo que conducise a 215 km/h e atribúe as acusacións a unha "campaña"
- HEMEROTECA | Baltar xa é aforado coa marcha ao Senado e será o Supremo quen o xulgue por ir no coche oficial a 215 km/h