Rafa Benítez deixa de ser o adestrador do Celta. Nun comunicado, o club sinala que o técnico "desvincúlase do RC Celta tras oito meses de entrega absoluta e plena dedicación, pero nos que o equipo non obtivo os resultados esperados polo club". Os celestes ocupan a 17ª praza da Liga a só dous puntos do descenso. Será substituído por Claudio Giráldez, ata agora adestrador do Celta Fortuna.
