O servizo de autobús urbano de Vigo quedará restablecido desde este martes tras 108 días de folga do persoal de Vitrasa. O comité de empresa asinou este luns un acordo polo que acepta unha suba do 2% nos salarios consolidados desde o ano 2021. A maioría das traballadoras e traballadores xa escolleran paralizar a folga desde este luns.
