O Consello de Ministros declara zonas catastróficas as afectadas polos incendios deste verán e o xoves está previsto que os Reis visiten concellos afectados en Galicia. A declaración de zona catastrófica permite axilizar axudas directas ou exencións fiscais. O venres está previsto que a Xunta aprobe as súas primeiras axudas.