A Xunta informa unhas horas antes do desvío polo centro de Tuy, como denomina a Tui, de todo o tráfico entre Galicia e Portugal entre as 22 horas desta noite e as 6 da mañá de mañá xoves. O desvío é froito das obras de conexión da súa Vía do Baixo Miño coa A-55, que xa requiriron doutro corte en febreiro anunciado con catro días de antelación e tamén coa mesma toponimia deturpada.
Fálase
O Goberno de España e a Igrexa acordan a fin da exención dos impostos sobre Contribucións Especiais e sobre Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) para a institución católica. Nun comunicado conxunto, sinalan que o pacto se encadra nas negociacións para "equiparar o réxime fiscal da Igrexa católica coas entidades sen ánimo de lucro, conforme ao principio de non privilexio e non discriminación". Este acordo coa Conferencian Episcopal implica derrogar a orde do Goberno de Aznar que asentou no ordenamento xurídico do Estado esa exención de impostos para a Igrexa. Na imaxe, o ministro da Presidencia, Félix Bolaños, e o nuncio do Vaticano en España, Bernardito Cleopas, na sinatura do acordo. [© Conferencia Episcopal]
- HEMEROTECA | A Igrexa rexistrou 7.131 bens en Galicia entre 1998 e 2015, máis da metade terreos e edificios de uso non relixioso
- HEMEROTECA | “Falan moito do ben común, pero o ben común non é para uns poucos, é para todos”
- HEMEROTECA | Feijóo sentencia que o cobro de impostos á Igrexa "non lle interesa a ninguén"
O Supremo desestima o recurso de aclaración presentado polo ex-presidente de Pescanova tras a súa condena a 6 anos de prisión por falsidade nas contas e da información económica da empresa e mais alzamento de bens. Nun auto asinado o pasado día 24 e divulgado este mércores, mantén sen cambios a sentenza contra Manuel Fernández de Sousa e, polo tanto, a súa condena de cárcere.
Falece Pablo Aguirregabiria, figura clave do balonmán e do deporte coruñés, nun accidente de tráfico. O técnico do OAR, de 51 anos, levaba máis de 30 anos vinculado ao club.
O primeiro Consello de Ministros no que participa José Miñones como titular de Sanidade -na imaxe, tomando posesión no Ministerio xunto a Valentín González Formoso e outros cargos socialistas- confirma o nomeamento de José Ramón Gómez Besteiro como novo delegado do Goberno de España en Galicia
Rueda presenta a reforma dunha estrada entre Pontevedra e Marín en cuxo proyecto a Xunta empregou parágrafos idénticos á Wikipedia pero borrando o conflito de Ence.
Humza Yousaf, novo líder do Scottish National Party e vindeiro primeiro ministro escocés en substitución da dimisionaria Nicola Sturgeon. Yousaf gañou a votación final co 52,1% dos apoios. No seu discurso da vitoria, o novo líder escocés prometeu afondar nos avances sociais e velar pola unidade do partido na procura da independencia de Escocia. Imaxe: SNP
José Miñones, novo ministro de Sanidade. O actual delegado do Goberno de España en Galicia e ex-alcalde de Ames, doutor en Farmacia, substitúe a Carolina Darias, candidata do PSOE á alcaldía de Las Palmas. Héctor Gómez, ex-voceiro socialista no Congreso, remuda á fronte do ministerio de Industria a Reyes Maroto, aspirante do PSOE á alcaldía de Madrid.
O Deportivo gaña 2-0 ao Celta B en Riazor.
O Baxi Ferrol volve á elite do baloncesto feminino tras proclamarse gañador da segunda división. Ascende así á Liga Endesa na que xa está o Durán Maquinaria Ensino de Lugo.