O arquitecto británico David Chipperfield gaña o prestixioso premio Pritzker de arquitectura. O veciño de Corrubedo impulsou en Galicia a Fundación RIA, centrada nos desafíos da zona da ría de Arousa e a través da que está a colaborar en diferentes proxectos coa Xunta e mais co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), con proxectos como Cara unha axenda territorial de Galicia. No sitio web dos galardóns pódese consultar unha selección dos seus traballos desde que rematou os seus estudos na Architectural Association School of Architecture de Londres no ano 1980.
Fálase
Pablo Crespo, antigo secretario de organización do PP de Galicia, accede ao terceiro grao penitenciario tras cumprir 9 anos de cadea polo caso Gürtel. Crespo aínda está sendo xulgado por outras presuntas irregularidades ligadas á trama corrupta.
Leilía confirman que emprenden a súa derradeira xira. Como avanzaron o pasado sábado durante o seu concerto na Festa do Queixo de Arzúa, o espectáculo Vidas cantadas porá "fin á andaina" de 34 anos nos que "mudaron o panorama da música tradicional galega.
Falece aos 87 anos o escritor e académico Salvador García-Bodaño. Alén da súa ampla obra literaria, García-Bodaño desenvolveu na súa vida un fondo compromiso político e social xa dende os tempos da ditadura, dende o activismo cultural en organizacións como a Asociación Cultural O Galo, o Consello da Mocedade ou o Partido Socialista Galego. A Real Academia Galega percorre a súa biografía na nota emitida polo seu pasamento. [Imaxe: © RAG]
O Goberno do PP de Rajoy activou a operación político-policial irregular contra o independentismo catalán ao día seguinte da multitudinaria Diada de 2012, segundo informa este martes La Vanguardia. Ata agora, como detalla o xornal, a Xustiza non investigara a 'guerra sucia' contra o independentismo comandada dende o Ministerio do Interior que dirixía Jorge Fernández Díaz, coa colaboración de elementos como o policía corrupto José Manuel Villarejo. Na imaxe [CC BY-NC ANC], manifestación pola Diada de 2012 en Barcelona.
- HEMEROTECA (2012) | Unha manifestación que marca un antes e un despois en Catalunya
- HEMEROTECA (2012) | Feijóo sentencia: "Todas as autonomías son España dende hai 500 anos"
- HEMEROTECA (2022) | "Repudio" no Colexio de Xornalistas ante as novas probas de ligazóns entre medios e 'cloacas do Estado'
O PSdeG centra a súa campaña do 8M en sinalar o "negacionismo" para "reivindicar a importancia de loitar contra quen nega a existencia dunha discriminación contra ás mulleres", subliña a secretaria de Igualdade do partido, Silvia Fraga.
O BNG presenta a súa campaña para o 8M avanzando que a estenderá a todo o ano "porque a igualdade non se reivindica un só día", sinala Ana Pontón. Conmemorar o Día Internacional das Mulleres Traballadoras "non é suficiente se non hai un compromiso para que a igualdade exista o resto dos días do ano, iso chámase purplewashing", isto é, "un lavado de imaxe nun día concreto pero sen ter un compromiso real para que a igualdade se converta nunha realidade”.
A folga na CRTVG comeza cun "importante" seguimento, sobre todo na redacción, segundo fontes sindicais. A programación matinal viuse afectada na TVG, que tivo que suspender a emisión do programa 'A Revista', substituído pola repetición doutro programa.
O deportista viveirense Adrián Ben é campión de Europa en 800 metros, fíxose coa medalla de ouro este domingo no campionato europeo en pista cuberta. [Imaxe © Real Federación Española de Atletismo]
O BNG rexistrará no Parlamento a Lei de creación da Valedoría da Igualdade, un organismo autónomo que "velará polo respecto e a garantía dos dereitos das mulleres no sector privado, con capacidade para impulsar sancións diante de situacións de discriminación por razón de xénero". "Trátase dun organismo público que existe desde hai anos nos países nórdicos, cuxa creación recomendan as institucións europeas, e co que queremos situar a Galiza nos máis altos estándares de defensa da igualdade", asegurou Ana Pontón tras unha xornada de traballo entre máis dun centenar de mulleres da formación nacionalista.
A portavoz nacional do BNG alertou este domingo da necesidade de introducir a perspectiva de xénero de maneira transversal na xestión municipal, para o que "é fundamental deseñar unha axenda feminista galega. Unha folla de ruta coa que seguir ampliando dereitos e construíndo a Galiza da igualdade: concello a concello, vila a vila".