Falece aos 87 anos o escritor e académico Salvador García-Bodaño. Alén da súa ampla obra literaria, García-Bodaño desenvolveu na súa vida un fondo compromiso político e social xa dende os tempos da ditadura, dende o activismo cultural en organizacións como a Asociación Cultural O Galo, o Consello da Mocedade ou o Partido Socialista Galego. A Real Academia Galega percorre a súa biografía na nota emitida polo seu pasamento. [Imaxe: © RAG]
Fálase
O Goberno do PP de Rajoy activou a operación político-policial irregular contra o independentismo catalán ao día seguinte da multitudinaria Diada de 2012, segundo informa este martes La Vanguardia. Ata agora, como detalla o xornal, a Xustiza non investigara a 'guerra sucia' contra o independentismo comandada dende o Ministerio do Interior que dirixía Jorge Fernández Díaz, coa colaboración de elementos como o policía corrupto José Manuel Villarejo. Na imaxe [CC BY-NC ANC], manifestación pola Diada de 2012 en Barcelona.
- HEMEROTECA (2012) | Unha manifestación que marca un antes e un despois en Catalunya
- HEMEROTECA (2012) | Feijóo sentencia: "Todas as autonomías son España dende hai 500 anos"
- HEMEROTECA (2022) | "Repudio" no Colexio de Xornalistas ante as novas probas de ligazóns entre medios e 'cloacas do Estado'
O PSdeG centra a súa campaña do 8M en sinalar o "negacionismo" para "reivindicar a importancia de loitar contra quen nega a existencia dunha discriminación contra ás mulleres", subliña a secretaria de Igualdade do partido, Silvia Fraga.
O BNG presenta a súa campaña para o 8M avanzando que a estenderá a todo o ano "porque a igualdade non se reivindica un só día", sinala Ana Pontón. Conmemorar o Día Internacional das Mulleres Traballadoras "non é suficiente se non hai un compromiso para que a igualdade exista o resto dos días do ano, iso chámase purplewashing", isto é, "un lavado de imaxe nun día concreto pero sen ter un compromiso real para que a igualdade se converta nunha realidade”.
A folga na CRTVG comeza cun "importante" seguimento, sobre todo na redacción, segundo fontes sindicais. A programación matinal viuse afectada na TVG, que tivo que suspender a emisión do programa 'A Revista', substituído pola repetición doutro programa.
O deportista viveirense Adrián Ben é campión de Europa en 800 metros, fíxose coa medalla de ouro este domingo no campionato europeo en pista cuberta. [Imaxe © Real Federación Española de Atletismo]
O BNG rexistrará no Parlamento a Lei de creación da Valedoría da Igualdade, un organismo autónomo que "velará polo respecto e a garantía dos dereitos das mulleres no sector privado, con capacidade para impulsar sancións diante de situacións de discriminación por razón de xénero". "Trátase dun organismo público que existe desde hai anos nos países nórdicos, cuxa creación recomendan as institucións europeas, e co que queremos situar a Galiza nos máis altos estándares de defensa da igualdade", asegurou Ana Pontón tras unha xornada de traballo entre máis dun centenar de mulleres da formación nacionalista.
A portavoz nacional do BNG alertou este domingo da necesidade de introducir a perspectiva de xénero de maneira transversal na xestión municipal, para o que "é fundamental deseñar unha axenda feminista galega. Unha folla de ruta coa que seguir ampliando dereitos e construíndo a Galiza da igualdade: concello a concello, vila a vila".
Aurora Marco é a 'Señora das Letras' deste 2023. A plataforma de crítica literaria feminista A Sega escolle a escritora, profesora e investigadora para celebrar o Día das Galegas nas Letras, "que busca celebrar a figura dunha muller que contribuíse de forma sobranceira á cultura en xeral e á literatura en particular".
HEMEROTECA | Luísa Villalta, escollida 'Señora das Letras' do ano 2022: "celebrámoste lúcida e comprometida"
Xa están en vigor os Plans de Ordenación dos Espazos Marítimos (POEM) para todo o litoral do Estado. Os cinco plans, que seguen as demarcacións mariñas, publicáronse no BOE deste sábado. O Consello de Ministros do 28 de febreiro aprobounos definitivamente, con dous anos de demora. Estes documentos establecen as restricións ou potencialidades de cada zona para diversos tipos de usos do mar, entre os que destacan as futuras instalacións de enerxía eólica mariña.
Pedro Sánchez anuncia unha lei para garantir a paridade nos centros de decisión políticos e da empresa privada. "Imos aprobar 'listas cremalleira' e a paridade no Consello de Ministros, nos consellos de administración das grandes empresas, nas xuntas de gobernos nos colexios profesionais e nos xurados de recoñecemento público de personalidades", afirmou nun acto do PSOE sobre feminismo con motivo do Día Internacional da Muller. O presidente do Goberno avanzou que o proxecto de lei será aprobado na reunión do Consello de Ministros deste martes. Cóntao Infolibre.