Lugo
No seu ingreso na RAG María López Sández chama a "salvagardar o noso territorio e a lingua que o nomea”
Nunha sesión celebrada en Lugo, a escritora e profesora leu un discurso centrado na importancia da paisaxe na historia do ensaísmo galego e no que destacou que “a literatura serve para sandar, simbolicamente, a ferida da perda da vivencia da natureza". A súa intervención foi respondida por Marilar Aleixandre nun acto que rendeu homenaxe a Salvador García-Bodaño e Darío Xohán Cabana
A "visión impresionista" de Fernández del Riego sobre a súa Lourenzá natal
Francisco Fernández del Riego realiza en 'Lourenzá' unha serie de apuntamentos históricos, persoais e sentimentais sobre a terra que o viu nacer alá polo 1913. Sen vontade erudita, máis ben dun paseo pola memoria dun namorado da Mariña
Unha semana de cine en Lugo para reivindicar o audiovisual galego-portugués feito por mulleres
Este xoves comeza o ciclo Mulleres Atlánticas – Unha mirada en feminino, promovido polo Concello e organizado pola Asociación Cultural Valle-Inclán. Ademais, este martes a Deputación de Pontevedra e AGAPI levan a cabo un debate ao redor da “conciliación na produción audiovisual", que cualifican como "reto silenciado pendente”
O Ribadeo que logramos e o que está por vir
Pablo Vizoso Galdo
Abraham Cupeiro e a Filharmónica de Braga inaugurarán o programa de Lugo como capital cultural do Eixo Atlántico
Feiras gastronómicas, eventos musicais na contorna dos ríos Miño e Rato ou encontros en clave histórica xúntanse na programación da capitalidade cultural con citas consolidadas como o Arde Lucus, o San Froilán ou o Caudal Fest
Cinto verde ou de asfalto: o impacto dunha prometida autovía da Xunta na ribeira do río Rato axita a precampaña en Lugo
A Rolda Leste concibiuse para pechar o anel de circunvalación da cidade e conectar o hospital. Tras a conclusión da primeira fase, impulsada polo Goberno de PSdeG e BNG, a Xunta do PP anunciou en 2009 o proxecto da segunda, que tivo parado unha década. Agora vén de recibir a "actualización do proxecto" encargada en 2021 e fixo saltar as alarmas ao seguir prevendo elementos como un viaduto de 120 metros en plena reserva da biosfera Terras do Miño, xerando reticencias ou aberta oposición no goberno local de PSdeG e BNG e tamén en C's
- Reportaxe
- Ciencia e tecnoloxía Lugo
Divulgar para protexer: un xardín para asistir ao espectáculo da polinización cos insectos como protagonistas
O xardín de polinizadores silvestres que a Asociación Corripa creou en Negueira de Muñiz, na montaña de Lugo, serve para facer investigación e divulgación a través dun catálogo "que reflicta a biodiversidade arredor dos insectos" da zona
A caída da estrada entre Foz e Burela pon o foco nas eivas da mobilidade na Mariña e nas promesas para mellorala
A derruba condicionou fortemente as comunicacións nunha comarca que, só na beira litoral, suma case 57.000 habitantes e revela a enorme dependencia da N-642 para a mobilidade dos que quedaron sen acceso á autovía A-8. A Xunta xa desbotou a "autovía do norte Ferrol-San Cibrao" que Feijóo prometera para 2012 e pon o foco nos tramos do corredor que conta con apenas 8 quilómetros de Celeiro a San Cibrao. Na banda estatal, o principal compromiso que non pasou do papel é unha autovía de San Cibrao a Barreiros
'(Re)conexión' entre a mocidade e as mulleres que non puideron compartir a súa historia
'(Re)conexión' é un proxecto de Andrea Maseda de recolleita da memoria de mulleres anciás da provincia de Lugo e unha forma de volver unir lazos interxeracionais nas comunidades. O resultado é unha peza documental de vinte minutos con seis testemuñas que lembran a vida cotiá que xa non é
A chuvia esborralla a estrada da costa entre Foz e Burela e o corte obriga a un desvío quilométrico no tráfico da Mariña
O treito derrubado, entre Cangas (Foz) e Burela, é clave no acceso ao Hospital da Costa. Transportes desprazou operarios e maquinaria á zona e afirma que traballa para que "as afeccións sexan as mínimas posibles" na principal vía de comunicación terrestre na comarca
Tres construtoras fixeron unha oferta "idéntica" nun concurso e Competencia da Xunta evita multalas polo seu propósito de emenda
As empresas eluden unha sanción a cambio de comprometerse a respectar a normativa da competencia e publicar nas súas webs e comunicar ás asociacións do sector ditos compromisos