Rueda inaugura o seu primeiro treito de autovía, 11 quilómetros entre Sarria e Láncara
A infraestrutura é froito do desdobramento do segundo treito do corredor Nadela-Sarria inaugurado en 2008
A infraestrutura é froito do desdobramento do segundo treito do corredor Nadela-Sarria inaugurado en 2008
A xornalista e investigadora especialista en violencia de xénero Ana Bernal Triviño participa este mércores na II xornada 'Quéremonos Vivas, Libres e Iguais' que impulsa a Deputación de Lugo no marco do 25N cunha conferencia sobre frear a desinformación sobre as violencias que sofren as mulleres
Este venres o pleno municipal da localidade eliminará o título de "alcalde honorario perpetuo" que dende 1967 posúe Franco, pero da que se tivo coñecemento recentemente. Ademais, haberá unha lembranza para Antonio Reboiro Rodríguez, rexedor en 1936 e executado dous anos máis tarde.
A investigación preliminar do derrubamento di que se debeu a unha “concomitancia de varios efectos” que foron deteriorando o formigón
Co argumento de que a empresa levaría a súa produción de Navia en tren ao porto de Xixón, en 2011 a Xunta decidiu perdoarlle impostos ata 2020, pero malia que se parou a liña férrea que o permitiría, o acordo foi renovado outros catro anos
"Queres traballar, si ou non?", respondeu Issam Alnagm ao ser preguntado no xuízo sobre "como se elixia as persoas para traballar no Concello. A condena ao ex-rexedor do PP, que perdeu a alcaldía fronte ao BNG en 2015, ten un carácter máis simbólico ou político ca efectivo, dado que aos seus 74 anos está retirado da política activa
O Instituto de Estudos Ulloáns celebra este luns un acto de conmemoración do inicio do encontro comercial máis antigo de Galicia, que data no ano 1219. Este martes milleiros de persoas pasearán pola vila, onde se instalan máis de 850 postos de venda
'Fuxan os Ventos. 50 anos de historia' é a exposición inaugurada en Lugo coa que o mítico grupo reúne a súa historia, parella á de Galicia, con máis de 500 actuacións documentadas, cancións que non pasaron a censura e anécdotas como as que lembran para Praza Tereixa Novo e Pedro Lucas
A Xunta prometera en 2010 dez millóns para o Museo da Romanización no vello cuartel de San Fernando, do século XVIII. En 2013 paralizou o proxecto e en 2019 pediu ao Estado que no seu lugar abrise un Parador. Tras iniciar o Concello xestións ante o Estado para lograr 12 millóns da UE que financien o proxecto, Rueda asegura á alcaldesa que o Goberno galego volve estar disposto a "colaborar"
Na madrugada do 18 de xaneiro de 2021 moitas persoas viron un intenso brillo no ceo nocturno, acompañado dun grande estrondo. O superbólido correspondía a un asteroide de 1,15 metros e 2,62 toneladas que penetrou na atmosfera e imactou contra o chan no Concello de Baralla, onde dous meses máis tarde foi recuperado un meteorito de 527 gramos
Dúas familias trasladáronse este núcleo da parroquia de Seara, no concello de Quiroga, que ficara abandonado durante seis anos. Agora impulsan unha iniciativa de crowdfunding para mercar 30 ovellas, cinco cabras, dous mastíns e un burro que, ademais, queren que protexan o lugar dos incendios.