Lugo
O PSdeG apoia en Burela o sector do mar e pide ao PP asumir as emendas á Lei do Litoral para que Galicia non sexa “un novo Mar Menor”
González Formoso centrou a súa intervención no apoio do PSdeG-PSOE ao sector de Mar-Industria, que dá traballo a máis de 40.000 persoas en Galicia. Pola tarde, Formoso visitou A Guarda, un concello situado no outro extremo de Galicia pero onde a pesca tamén é “bandeira”
Da fotosíntese artificial á robótica: Xuvenciencia prepara unha semana de actividades en Lugo para as científicas do futuro
A undécima edición do campus de divulgación científica para mozos e mozas terá lugar do 2 ao 8 de xullo no campus universitario lucense, unha semana de actividades para a que hai 95 prazas con réxime de aloxamento e pensión completa
Post pandemia. A nova normalidade
Antonio Gregorio
En bici de montaña, kaiak, tirolina ou facendo escalada: vinte plans para activarse na provincia de Lugo
Dende hai tres anos a Deputación de Lugo desenvolve o programa Actívate, un conxunto de actividades gratuítas para promover o turismo activo, deportivo e de aventura que esta primavera chegan a 18 concellos da provincia. As primeiras sesións, en Guitiriz, Chantada e Monforte, comezan esta fin de semana, con BTT, kaiak e paddle-surf.
O 'modelo Muras' na xestión eólica: "É un exemplo de como reconducir unha situación desfavorable"
Un informe de Ecodes, apoiado por Transición Ecolóxica, destaca o concello por medidas como o pago da factura eléctrica á veciñanza para "mellorar a súa calidade de vida" malia o "contexto negativo que herdou" pola planificación dos parques eólicos. Falamos co seu alcalde, Manuel Requeixo.
O antigo psiquiátrico de Castro de Rei vira en centro de acollida para persoas refuxiadas
O hospital de San Rafael funcionou dende mediados dos anos 50 do século pasado e ata 2012, cando o servizo foi transferido ao Sergas e o edificio, pechado. Tras o acordo de cesión por 75 anos pechado coa Deputación de Lugo, o Ministerio de Inclusión prevé iniciar en 2024 as obras do Centro de Acollida de Protección Internacional, con capacidade para atender 250 persoas
Pontón pide unha conexión por tren "do século XXI" para Lugo e culpa a Xunta e Estado de "cortar o seu progreso"
A líder do BNG reivindica a mellora das infraestruturas de comunicación na cidade e na provincia.
O PSdeG amosa que a líder do PP de Lugo deu papeis á Fiscalía para "orixinar a persecución contra Besteiro"
Despois de que Rueda respondese que "non é certo" que Elena Candia manobrase para incriminar o agora novo delegado do Goberno de España en Galicia, o PSdeG divulga documentos nos que ela consta como a persoa que achegou en 2013 ao fiscal os papeis na orixe do caso 'Pulpo'. Os socialistas cren que foi unha "artimaña mesquiña" para "destruír" a Besteiro e ven "inhabilitada politicamente" á actual candidata do PP á alcaldía lucense
Proxecto lugares: como a arquitectura pode transformar de forma sostible o espazo público no Camiño de Santiago
Palas de Rei e Larouco acollen en abril e maio dous encontros que reunirán figuras recoñecidas de ámbito galego e estatal
O primeiro gran incendio forestal do ano en Galicia chega ás 1.400 hectáreas en Baleira tras forzar desaloxos
O forte vento e as altas temperaturas contribúen ao espallamento das lapas no gran incendio da montaña lucense e noutros de menor dimensión en Alfoz, Viveiro e Taboada
"Para comer e ler, Lugo": a cidade conmemora a partir da gastronomía o centenario do 'Ulises' con outras 17 urbes europeas
Trátase da única cidade do Estado que participa na rede Ulysses European Odyssey, que entre o 2022 e o 2024 está a celebrar os cen anos da novela de Joyce. Da man da Fundación Uxío Novoneyra, a urbe acollerá en maio simposios e debate, paseos literarios, representacións teatrais e outros actos, ligados ao capítulo oitavo do libro, no que a comida é a protagonista.