Lugo
O Concello de Lugo aposta por Tik Tok para sensibilizar contra a trata e a explotación sexual de mulleres
Abre o prazo para a presentación de vídeos curtos que traten calquera tema relativo ao tráfico de mulleres con fins de explotación sexual: proxenetismo, vulnerabilidade da muller prostituída, normalización aberrante do consumo da prostitución... Os dous mellores obterán un premio económico.
Yolanda Díaz visita O Courel con Sumar para reclamar un “novo contrato social” co rural e nega que sexa unha “plataforma electoral”
A vicepresidenta segunda do Goberno central di nun encontro da plataforma Sumar con persoas de diferentes perfís, na sede da Fundación Uxío Novoneyra no Courel, que é preciso “atallar as causas profundas que producen o despoboamento” no rural
Atopan en Ribadeo restos dun barco que axudaba os peregrinos a cruzar a ría no século XIII
Os investigadores atoparon os restos dunha nave, duns 7 metros de lonxitude e probablemente datada entre os séculos XI e XIII, que podía transportar ata vinte persoas. Continúan, ademais, os traballos no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia, co que se busca avanzar no coñecemento da construción naval da Coroa Española do século XVI, dado o seu excelente estado de conservación
Un só médico para atender un concello rural e avellentado: a falta de persoal non só se agrava nas vilas turísticas
Abadín leva todo o verán cun único profesional no seu centro de saúde en lugar dos tres habituais. A veciñanza organízase para denunciar o "serio perigo" que corre a atención nun municipio onde máis do 40% da poboación pasa dos 65 anos.
A balsa de lodos de Alcoa, de cen metros de altura, está case chea e a empresa pide permiso para elevala outros catro metros
A empresa estima que ao depósito actual quédanlle “aproximadamente 4 anos de actividade” e inicia os trámites para a súa cuarta ampliación, que lle daría outros tres anos e medio de vida útil
Pardiñas volve a Pardiñas tras espallarse para resistir a pandemia
O veterano festival impulsado pola Asociación Cultural Xermolos regresa estes 6 e 7 de agosto ao seu histórico torreiro. Comando Curuxás, Ruxe Ruxe ou Carapaus, entre as bandas e artistas que desta volta responden á chamada de "vinde merendar a Pardiñas!"
O Concello de Lugo fai gratuíta a súa piscina de verán tras o veto da Xunta a unha zona de baño no Miño
A alcaldesa lucense ve motivacións partidarias no "non" da Xunta á praia fluvial pública que "permite a numerosos municipios da contorna. O Goberno galego alega a presenza dunha colonia de mexillóns e aspectos ligados ao caudal mentres a Confederación Hidrográfica sinala que a instalación "cumpre" a normativa de augas e advirte de que o Goberno galego tamén a está a frear para restaurar o caneiro da Acea de Olga
Arquivada unha sanción "grave" imposta ao abeiro da lei mordaza por tratar de "ti" a un policía
A Subdelegación do Goberno arquiva unha multa de 600 euros imposta a un home de Lugo por terse negado supostamente a identificarse e actuar de forma "desafiante", feitos que desmente un vídeo achegado polo afectado.
A casa de Fidel Castro en Láncara reabre como museo dedicado ao seu pai e á emigración galega en Cuba
Unha ampla comitiva institucional inaugura a Casa Museo Ángel Castro e Centro de Interpretación da Emigración Galega no trixésimo aniversario da visita do mandatario cubano a Galicia por convite de Fraga
O ministerio reduce de 10 a 4 quilómetros o desvío da A-6 en Pedrafita e propón a A-8 ou a A-52 para os transportes especiais
Traballa para que “en outono” o tráfico en sentido Castela e León non teña que pasar polo centro da vila, como si o terá que seguir facendo o que circule cara a Galicia, segundo a súa previsión, criticada pola Xunta
O pai de Migueliño e os divertimentos acuáticos
Antonio Gregorio