O Pedregal de Irimia xa é a primeira reserva hidrolóxica subterránea de Galicia
O BOE fai oficial a incorporación de acuíferos baixo terra como o galego ao catálogo de espazos con escasa intervención humana
O BOE fai oficial a incorporación de acuíferos baixo terra como o galego ao catálogo de espazos con escasa intervención humana
"As alternativas de ocio contribúen de forma xeral a crear entre a propia mocidade unha imaxe positiva do lugar onde viven", asegura a deputada responsable da área de Mocidade da Deputación de Lugo, Mónica Freire, que debulla algunhas iniciativas clave do mandato
O centro de Castro Ribeiras do Lea, o quinto maior de titularidade pública do Goberno galego e o meirande dos que ten concesionados, con 172 prazas, seguirá baixo xestión privada por 3,3 millóns de euros ao ano
A Consellería de Infraestruturas nin atendeu advertencias previas sobre o estado dun noiro que acabou desprendéndose nin respondeu a reclamación administrativa que formulou a afectada, á que obrigou a recorrer á xustiza
A vila lucense acolle este domingo, Día Internacional da poboación migrante, a estrea do documental Si ka badu, ka ta biradu (Se non marchas, non podes volver), elaborado por Agareso, e que retrata a través de catro xeracións a importancia que ten o traballo invisible das mulleres migrantes na supervivencia e no benestar das súas familias
O que fora concelleiro de Cultura de Quiroga durante dúas décadas e ata o pasado outono, José Luis Rivera, anuncia a fundación dun partido independente para disputar en 2023 a alcaldía que ostenta o PP con amplas maiorías absolutas do mesmo alcalde, Julio Álvarez, dende os anos 80
Unha poética dos vestixios. Do que pode construírse sobre os restos, sobre os fragmentos. Como espazos de pertenza erguidos mesmo onde non quedaba nada. É unha das propostas de Ninguén queda (Euseino), a primeira novela de Brais Lamela. Un mozo conta a historia dun desposuimento, o da veciñanza de Negueira de Muñiz obrigada a desprazarse á Terra Chá tras seren as súas casas anegadas para facer un encoro
A Deputación de Lugo aproba as axudas da terceira edición do seu programa de prevención de incendios, que neste 2022 financian instalacións fixas e móbiles para o pastoreo como valados, comedeiros ou un refuxio modular e desmontable, ademais de accións formativas
"Aos poucos minutos de traxecto, o chofer non ten máis remedio que obstaculizar toda a calzada" porque "a parada está ocupada por vehículos particulares", describe o Concello sobre un dos primeiros traxectos con axentes a bordo
O acusado é un home de 32 anos que coñecera horas antes á vítima. Tras a detención, a Policía atopou na súa casa o ordenador portátil da muller asasinada. A Plataforma Feminista de Lugo convoca mobilización de repulsa polo crime para este 1 de decembro
A banda liderada por Eloi Caldeiro publica 'No val da brétema' o primeiro sinxelo do seu novo disco, que xa se pode escoitar en internet: "Representa os anos que levamos percorrendo os escenarios de medio mundo"
Este xoves estréase no Pazo de San Marcos o documental 'No se oye', realizado por alumnado do Centro de Formación Audiovisual da institución provincial. A presentación do filme forma parte da programación polo Día da Violencia contra a Muller, que se desenvolve entre o mércores e o venres. Falamos con María Taboada, coordinadora do proxecto.