- 🏳️🌈
- Movementos sociais
Día do Orgullo e de preocupación pola lexitimación dos discursos de odio: "O 23X xogámonos moito"
"A onda reaccionaria está aí e a xente vese lexitimada porque os primeiros que lanzan discursos de odio están en postos de poder e nas institucións públicas", di Alas A Coruña. O Día do Orgullo LGBTIQ+ chega con máis medo na rúa: "Hai máis agresións e medo a que custen vidas", sinala Nós Mesmas desde Vigo. "Ser visibles é a nosa gran ferramenta de defensa", salienta a Rede Educativa de Apoio LGBTIQ+.