
Colectivos feministas e oposición lamentan a campaña da Xunta polo 25N: "Non somos nós as responsables da violencia"
A Marcha Mundial das Mulleres observa a campaña como "exemplo de discurso revictimizador". "Non se nos pode lanzar a mensaxe de que as mulleres temos que andar con medo", "hai que ollar a quen exerce a violencia", advirte o BNG. O PSdeG ve "vergoñento" lanzar "a mensaxe de que para que non nos agridan temos que saír correr tapadas". Rueda deféndea porque pretende "plasmar situacións cotiás nas que as mulleres poden sufrir consecuencias do machismo"