Unha acción ecoloxista responsabiliza a gandaría industrial de Coren da contaminación do rural galego
Activistas de varias organizacións rodearon con sinais as instalacións de Frigolouro no Porriño, o maior centro de procesado de porco do país. Culpan á integradora Coren e ao modelo de gandaría intensiva da degradación ambiental que sofren comarcas coma A Limia, O Deza, Bergantiños ou A Terra Chá e reclaman á Xunta que declare zonas vulnerables á Contaminación por Nitratos.