Activistas ocupan a Illa da Creba, na ría de Muros, para reclamar que sexa "devolta a mans públicas"
O grupo, que asegura que a ocupación "terá unha duración indefinida", lembra que a veciñanza de Esteiro era a propietaria dos terreos comunais da illa até que no ano 1922 se inscribiu como ben privado. “O tempo dos señores xa pasou. A Illa da Creba ten que volver ser pública. Non imos parar até conseguilo”, di Rodrigo Molinos Bolato