
O ecoloxismo, "pesimista" ante o plan reitor das Fragas do Eume que prepara a Xunta, que "só garante a conservación" dun terzo do bosque
A pasada semana a Xunta reuniuse por vez primeira con organizacións ecoloxistas para tratar o futuro PRUX. Convocounas sen remitirlles sequera o borrador do plan para o seu estudo. O parque celebra neste 2022 o seu 25 aniversario e aínda carece deste instrumento, obrigado por lei dende hai máis de dúas décadas